Skip to Content

OBRADOIRO DE LETTERING

Estes días, o alumnado de 6º Educación Primaria, tivo ocasión de realizar un obradoiro de Lettering.

Este obradoiro desenvolvese dentro do programa de Biblioteca Creativa dos centros PLAMBE que xestiona a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e o cal pertence o noso colexio.

Grazas a Belén Lamela, @nacu.es.

Preme na imaxe para acceder ao vídeo.

 

 

 

      

Menú maio

Instrucións sobre o uso da máscara

O día 21 de abril publicáronse as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo da nosa comunidade autónoma. 

Premendo aquí podedes consultar o documento.

 

Solidariedade con Ucrania

A comunidade educativa do Ben-Cho-Shey uniuse nun acto solidario destinado a axudar ás persoas afectadas pola guerra en Ucrania. 

Dende aquí queremos agradecer a gran participación e implicación das nosas familias nesta actividade. Aquí vos deixamos o diploma  acreditativo que nos enviou a Cruz Vermella .

"Pupas, sustos e outros desgustos".

O día 6 de Abril os/as alumnos/as de terceiro e cuarto de primaria participaron nun taller de primeiros auxilios organizado pola Cruz Vermella. Entre outras cousas, aprenderon a curar feridas, queimaduras e incluso practicaron unha reanimación cardiopulmunar a un dos  seus bonecos preferidos.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Pupas, sustos e outros desgustos

Menú abril

Día internacional da muller.

Dende o Equipo de Convivencia organizouse unha actividade para celebrar " O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ". Baixo o lema : EU QUERO SER COMA.... os/as nenos/as tiñan que buscar información sobre mulleres importantes ao longo da historia e elexir con cal se identificaban e o motivo. Moitos deles elexiron a súa mamá, avoa e tía......eles si que saben.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Día internacional da muller

ENTROIDO NO BENCHO

Álbum: Curso 2021-2022 -> Entroido

Máscaras de entroido

A semana pasada os/as nenos/as de terceiro  fixeron un taller de elaboración de máscaras de entroido.  Si queredes ver o bonitas que lle quedaron ide premendo nas imaxes.

NORABOA RAPACES!!!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Máscaras. Terceiro de primaria.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

As listas de admitidos e excluídos so se poderán expor no interior do edificio escolar por protección de datos.

DOCUMENTOS SOLICITUDE:

Solicitude segundo o modelo ED550B - ANEXO II

 

Distribuir contido


by Dr. Radut