Skip to Content

Semana Europea da Programación 2019

De novo este curso participamos con varias actividades na Semana Europea da Programación.

En primeiro lugar decidimos desenvolver un proxecto colaborativo a través de Etwinning con centros de Malta, Portugal e España. O obxectivo, ademais de empregar a lingua estranxeira, é intercambiar alfombrillas didácticas sobre temas culturais para o seu emprego co Escornabot.  Desta maneira o alumnado pode xogar cos robots ao mesmo tempo que descubre información sobre outros países.

Co alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria elaboramos historias empregando a aplicación Makeblock 5. Incluímos audio, distintos fondos e obxectos, diálogo e movemento.

Co mesmo alumnado tamén fixemos un videoxogo onde un depredador tiña que cazar unha présa. O alumnado  de 6º que xa ten un maior dominio da ferramenta atrevéronse a melloralo incluíndo distintos niveis nos que a presa aumentaba a velocidade ou diminuía de tamaño, cambiábanse os fondos e os personaxes.

Finalmente a última actividade que desenvolvemos dentro da Semana Europea da Programación é a realización de tarxetas de Nadal coa ferramenta Makeblock 5. O alumnado de 6º curso deseña o seu propio boneco de neve cun fondo para felicitar as festas. Aproveitamos para traballar a creación de clons para facer o efecto dos copos de neve caendo.



page | by Dr. Radut