Skip to Content

Introdución á robótica educativa

 

No curso 2017-2018 o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey solicita a participación no programa da Consellería “Introdución á robótica educativa en Educación Primaria” coa proposta de impartir esta materia como libre configuración en 4º de Educación Primaria.

 

Debido ao éxito entre o alumnado e a comunidade educativa durante este curso 2018-2019 decídese facer unha ampliación para impartir a materia tamén en 6º curso de Primaria.

 

Establécese como coordinadora deste programa de innovación educativa María Isabel Blanco Pumar, mestra especialista en lingua estranxeira con destino definitivo no centro e experiencia nesta temática.

 

O proxecto que se pretende levar a cabo ten como base a idea de que a robótica pode empregarse como ferramenta educativa transversal que mellore a aprendizaxe en tódalas áreas e niveis educativos, de maneira que ao mesmo tempo que se aprende a programar aplicacións e robots, se están adquirindo outras moitas habilidades e competencias.

 

A robótica axuda a desenrolar a tolerancia á frustración, na toma de decisión, no análise e solución de problemas e no traballo en equipo. A robótica estimula a creatividade, as habilidades de liderado, a autoestima e a seguridade nun mesmo.

 

 A robótica educativa implica que o alumnado constrúa, ensamble e poña en funcionamento os seus robots para resolver unha tarefa ou reto. Cos robots non só o alumnado estuda e aplica os coñecementos da aula senón que tamén representan o seu propio mundo adestrándose na ciencia e na tecnoloxía de forma lúdica.

 

O obxectivo primordial non é tanto ensinar e aprender conceptos tecnolóxicos de orde superior senón que a robótica se converta nun medio atractivo, útil e divertido para desenrolar un abano de competencias, destacando a creatividade, o xuízo crítico, o traballo en equipo e o emprendemento.

 



page | by Dr. Radut