Skip to Content

Taboleiro de novas

Actividades Conxuntas Ed Infantil Curso 2012-2013

BENVIDOS Ó NOVO CURSO ESCOLAR !

 

Este ano os nenos e nenas de infantil traballaremos un proxecto común sobre a COCIÑA. Seremos Panadeiros, Pasteleiros e Cociñeiros e realizaremos moitas e moi divertidas receitas creativas que, seguro, farán estar relaméndose a todos os nosos compañeir@s do cole.

E, xa sabedes, podedes participar no proxecto tod@s os que queirades. Nos estaremos encantados.

Clicade no título e descubriredes un montón de actividades onde o pasamos xenial

 

Comezamos o curso con xogos cooperativos

Benvidos nenos e nenas ao novo curso 2012-2013. Un ano cheo de sorpresas, novos proxectos e moitas aprendizaxes por descubrir. Este curso comezamos cos xogos cooperativos nos que intentamos que todos os nenos e nenas particpen nunha actividade cun obxectivo común.
Cheas de forza para o novo curso, preaparados , listas, xa...

Martes de actividades

Outro día máis cheo de actividades en Manzaneda. Espertamos un pouco máis fatigados que onte e despois do almorzo comezamos as actividades. Xogos populares e baseball encheron a mañá. Despois de xantar, sumerxímonos na piscina e para os que non quixeron zambullirse houbo unhas partidas de tenis e futbol/tenis. Logo continuamos con cabalos onde os nosos nenos e nenas demostraron o arte que posúen nestas tarefas. Pola noite, un pouco nerviosos coa velada de discoteca cos demáis coles, na que puidemos bailar e bailar a todos os ritmos. Comezarón as disfonías, as penas por marchar...nótase que mañá xa partimos para Belesar. Pola mañá faremos actividades, xantaremos aqui e logo partiremos hacia Baiona, facendo antes unha parada de merenda na Cañiza. Chegaremos sobre ás 19.30.


2º dia na Montaña

Despois dunha noite de friiiiioooo, chegou a maña soledada. Dividímonos en grupos e fixemos escalada e Karts. Despois de comer xogamos a xogos populares e orientación ata a hora da piscina. Xuntámonos con coles de outras localidades para facer unha velada nocturna con personaxes que aparecían polo bosque ata rematar cunha maravillosa marcha nocturna na que puidemos escoitar ouvear aos lobos destas terras!!!


Diario de Manzaneda

Chegamos a Manzaneda despois de tanto tempo esperando este final de curso, este final de etapa. Notamos o  frío da montaña, pero ainda así ao chegar sumerxíronse na piscina climatizada. Despois da cea tivemos unha velada no que por grupos fixeron disintos xogos. Intentaremos descansar  que mañá é un día moi longo!!!


Xornada de Xogos Tradicionais, equipos de dinamización do Val Miñor

Hoxe venres, participamos nas Xornadas de Xogos Tradicionais cos demáis centros do Val Miñor. Os equipos de Dinamización levan traballando arreo durante todo o ano para organizar este evento. Pola mañá saimos e compartimos autobus cos nosos compañeiros de Sabaris. Chegamos a Gondomar e pasamos unha mañá chea de xogos. Pasabamos por cada estación onde os nenos e nenas do Humberto Juanes facían de monitores. Logo merendamos grazas a Augasana, Cristaleiro e Coca-Cola. Una xornada de compartir e disfrutar coa nosa lingua galega

A maxia de Susa Herrera no cole

O cole de Belesar tivo unha visita moi especial. Susa Herrera compartíu unha mañá con nós, na que puidemos disfrutar da súa voz, da súa actuación e do seu encanto. A través dos seus relatos, esta escritora e compositora de libros tan marabillosos como Todos os animais ao caixón, Animais encantadores, Cartas que veñen e van... trasladounos á fauna dos seus animaliños. Moitas grazas por esta mañá máxica!


Chega o Entroido a Belesar

 

Cross val Miñor 2012

Este domingo tivemos unha xornada de participación no Cross escolar Val Miñor. Os nosos alumnos e alumnas chegaron cargados de enerxía e correron ata chegar á meta. Foi un domingo de orgullo pola participación tan entusiasta do alumnado e das súas familias. Moitas grazas e noraboa a todos, sodes uns campións!!!


Curso 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut