Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz

Hoxe festexamos no cole de Belesar o Día da Paz e da non violencia. Este ano quixemos resaltar o compañerismo e facilitar distintas linguaxes; para iso coñecemos e utilizamos a lingua de signos para interpreatr a canción Todos somos capitáns do libro " A nena e o grilo nun barquiño"de Magín Blanco. 

2ª orde do Meco

 

 

Día da Paz

Esta mañá celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntámonos nun acto no que disfrutamos do visionado dun vídeo que durante a semana pasado gravamos entre todos, os nenxs de 6º leron o seu manifesto pola paz, escoitamos o conto da Bruxa Discordia, os nenos de 1º nos leron un conto que fixeron na aula, limos algunhas das mensaxes das mans que fixemos na casa e para rematar todos xuntos cantamos e bailamos no noso Baile da Paz. Foi unha mañá xenial!

Baile da paz

Conto: A Bruxa Discordia

 

Fotos

 
Vídeo
 

DÍA DA PAZ 2016

DÍA DA PAZ 2016

CONTO PARA TRABALLAR A PAZ: "La disputa de los colores"

CANCIÓN PARA CELEBRAR O DIA DA PAZ

O venres, 29 de xaneiro, celebraremos o día da paz cunha serie de actos. Entre eles, cantaremos a canción de Mercedes Peón "Paralá" da que deixamos aquí un vídeo e a letra para que nos axude a aprendela.

 

Letra Cancion Paralá - Mercedes Peón

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).

 
       
 

 Se queredes saber máis sobre Ghandi, mirade esta presentación

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ: 2015

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ CONTANDO UN CONTO SOLIDARIO: "NADARÍN" NA VERSIÓN GALEGA E INGLESA E CANTANDO A CANCIÓN DE BRINCAVAI "APERTAS QUE VOAN".

TAMÉN FIXEMOS PEIXIÑOS VERMELLOS CON PALABRAS DE PAZ PARA ENCHER O PEIXE GRANDE DE NADARÍN.

DÍA DA PAZ 2015

Hoxe, no colexio, celebramos o Día da Paz. Pasámolo en grande! Aquí tedes unhas fotos.

 

 

                

Distribuir contido


by Dr. Radut