Skip to Content

Ecoagricultores!

As nenas e nenos de quinto de Belesar aproveitamos o precioso sol de inverno de onte para saír a plantar. Reutilizamos garrafas de plástico como macetas e

plantamos amorodos, leitugas e patacas. Que medren rápido, que hai fame!

A ver se coa chegada da primavera chegan novas sorpresas ó noso pequeno horto!

Os peixes visitan o colexio!

O xoves pasado viñeron Juan (o pai da nosa Sara de 3 anos), Baldo e Álex a falarlles ós nenos e nenas de Infantil e de 2º de Primaria sobre algún dos peixes que podemos atopar nas nosas mesas. Eran súper chulos e aprendemos moito!

 

PANCAKES WITH MAPLE SYRUP

O pasado xoves o alumnado de 6º de Primaria organizou un obradoiro de cociña onde ensinou como facer Pancakes con sirope de arce, doce típico de Canadá. Esta actividade está incluída dentro do proxecto The Month of Canada que programamos desde o equipo CLIL e que forma parte da memoria de difusión do Programa Piale.

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos e o ricas que estaban as pancakes que fixemos...queremos máis Year 6!!!

 

 

Alice´s Adventures

Saída ó teatro para ver a obra Alice´s Adventures (en lingua inglesa) e posterior visita á exposición " A vivir que son 100 anos". 29 de xaneiro de 2020.

Que ben o pasamos!

Día da Paz 2020

Acto conmemorativo polo Día da Paz, 30-01-20. Que o disfrutedes!

 

E SEGUIMOS CON NOVO MATERIAL PARA AS NOSAS ACTIVIDADES

Estes primeiros días de clase tras as vacacións adicámolos a decorar a aula coa temática do inverno, ao que recibimos cando xa empezaramos as vacacións de Nadal. Ademais os recantos desta semana foron pensados para traballar a observación, a motricidade, a creatividade e a lóxico-matemática. Un dos mateiriais utilizados foron os libros sobre natureza con imaxes 3D, ou as témperas coas que elaboramos nos mesmos distintas cores.

 

 

LEVAMOS OS TRABALLOS PARA CASA

Tras un primeiro trimestre no que traballamos moi ben, toca facer o cartafol para amosar os nosos traballos na casa. Ademais, a última semana do trimestre a adicamos ao Nadal, elaborando postais e preparando o festival no que bailamos e cantamos para as nosas familias. Aquí unha mostra do material, así como unha foto dunha das actividades coas que máis aprendemos, a través do libro da Casa da Miña Avoa.

 

 

 

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE IZAN E NOEMI

No mes de decembro celebramos os aniversarios de Izan e Noemi, que ademais de agasallarnos cuns doces caseiros boísimos (dos que non deixamos nin as migallas), tamén nos contaron a través dalgunhas fotografías momentos especiais das súas vidas. Felicidades aos dous!

 

Loitando contra o plástico

O pasado xoves 9 de xaneiro, os alumnos de segundo e terceiro ciclo asistimos, en Vigo, á unha actividade sobre o plástico e os seus perigos. Aprendemos divertíndonos e, por se fora pouco, aínda nos quedou tempo para un paseíño pola cidade. Nós si que sabemos!

ALGÚNS RECANTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Velaquí unha pequena mostra das actividades que facemos na aula de 5 anos. Os nenos e nenas aprenden a través do xogo os conceptos básicos, palabras novas, os números ou as formas e as cores.

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut