Skip to Content

Martes de actividades

Outro día máis cheo de actividades en Manzaneda. Espertamos un pouco máis fatigados que onte e despois do almorzo comezamos as actividades. Xogos populares e baseball encheron a mañá. Despois de xantar, sumerxímonos na piscina e para os que non quixeron zambullirse houbo unhas partidas de tenis e futbol/tenis. Logo continuamos con cabalos onde os nosos nenos e nenas demostraron o arte que posúen nestas tarefas. Pola noite, un pouco nerviosos coa velada de discoteca cos demáis coles, na que puidemos bailar e bailar a todos os ritmos. Comezarón as disfonías, as penas por marchar...nótase que mañá xa partimos para Belesar. Pola mañá faremos actividades, xantaremos aqui e logo partiremos hacia Baiona, facendo antes unha parada de merenda na Cañiza. Chegaremos sobre ás 19.30.




page | by Dr. Radut