Skip to Content

15 de febreiro. Día do Neno con Cancro

Este curso unímonos á iniciativa da celebración do "Día do Neno con Cancro". Dende distintos centros escolares a actividade deste ano consistía en elaborar un lazo dourada, que simboliza o cancro infantil, e os nenos e nenas do cole o recheamos con palabras de ánimo que cada clase escolleu e plasmou nun corazón.

Hoxe xuntámonos todos e os nen@s de 6º leron un manifesto, que abaixo vos adxuntamos, dixemos en alto as nosas palabras e mandamos un aplauso cheo de agarimo e moita forza a todos os nenos e familias afectadas por esta enfermidade.

 

MANIFESTO DÍA DO CANCRO INFANTIL

 

Xuntámonos aquí hoxe para celebrar o Día Internacional do Cancro Infantil que se celebra o 15 de febreiro. É necesario sensibilizar e concienciar sobre a loita e os desafíos aos que se enfrontan tanto os nenos como as súas familias.

Esta enfermidade é curable nun alto porcentaxe cunha diagnose temperá e os tratamentos axeitados. Para elo temos que loitar porque exista apoio para a investigación da detección precoz e cura do cancro.

A estes nenos non lle podemos regalar unha cura instantánea pero podemos axudarlles ofrecéndolles momentos, sorrisos, abrazos, afectos, alegría, momentos de xogo…

Dende os coles decidimos apoialos regalándolles palabras de ánimo. Cada clase pensou e elaborou unha palabra que escribimos nun corazón. Todos os corazóns están pegados no lazo dourado que representa o Día do Cancro Infantil.

Imos ver as palabras que empregáchedes!

3anos: mimiños   4anos: maxia       5anos: biquiños

1º: apertas           2º: ánimo             3º: valor

4º: esperanza       5º: forza               6º: guerreiros

Quedou precioso, e sobre todo, temos un lazo cargado de enerxía que esperamos lles chegue a estes nenos que tanto a necesitan.

Remataremos este acto cun forte aplauso, agradeceremos o noso esforzo en facer este traballo, e xa de paso, aplaudiremos con moito agarimo para encher este lazo de enerxía positiva.

Grazas a todos!

 



page | by Dr. Radut