Skip to Content

Educación física

Baile 19Marzo MOBILIZACIÓN GLOBAL POLO CLIMA

E aquí vos deixo o enlace do baile que fixemos todos os grupos de primaria.

 http://recunchoeducacionfisica.blogspot.com/

 

Día da PAZ

Estes días de chuvia, de frío, de vento...non puideron con nós!!

E decidimos recordar co noso baile, co noso ánimo o Día da Paz!

Aquí tedes o baile que fixemos  da PAZ ,desfrutade!!!

 

 

 

 

FIN DE CURSO!!

Ola rapazada!!

Xa rematamos o curso, espero que fixerades a gravación do baile para facer un video moi especial.

Deíxovos agora uns enlaces para que xoguedes e tamén para que bailedes Zumba!!

ZUMBA:

https://www.youtube.com/watch?v=azkOASwz8_I&list=TLPQMTQwNjIwMjCTi0TWs1s...

 

FESTIVAL FIN DE CURSO VIRTUAL

Ola rapazada!!!

Supoño que cada día mellor... e xa queda pouquiño para as vacacións.

Dende Música, EF e coa colaboración dos vosos titores e titoras propoñemosvos a preparación dun:

"FESTIVAL FIN DE CURSO VIRTUAL"

Mirade o video, escoitade, observade e bailade con alegría e cando estedes preparados e preparadas enviade o video ao voso profe ou a min, antes do 14 de xuño.

Participade e millóns de grazas rapazada e FAMILIAS!!!

 

SEMANA 1 DE XUÑO- SALTAMOS A CORDA E XOGAMOS A GOMA

Ola rapazada,como estdes?

Espero que xa estedes xogando moito e desfrutando polas tardes dos paseos e mesmamente dalgún que outro baño.

Esta semana deíxovos XOGOS DE CORDA e XOGOS DE GOMA, son actividades que xeralmente facemos no 3º trimestre.

Xa sabemos moitas das cancións que aquí ides a atopar pero hai outras que non.

Podedes enviarme algún debuxo saltando e copiando un pouquiño a letra da canción que máis vos gusta.

Podemos saltar a corda de xeito individual ou intentande que na familia vos boten unha man.

Deixo páxinas onde atoparedes as letras das cancións e despois videos para que visualicedes.

Pinchade nos enlaces para ver as letras das cancións:

https://es.slideshare.net/cheloav/canciones-para-cuerda-goma-y-corro-1

https://orellapendella.gal/category/xogos/de-corda/

 

 

 

 

VIDEOS SALTANDO:

 

SEMANA 25 de MAIO- HIXIENE CORPORAL

Ola rapazada, que tal?

Os paseiños estannos indo moi ben, pero seguro que na corentena a postura corporal despistousenos un pouquiño.Deixo un documento adxunto para recordar e algún video para ver e para BAILAR.

A proposta é a seguinte, facelo se vos animades:

  • Enviádeme algunha fotiño onde se vexa a postura correcta, ou facer algún debuxo explicativo.
  • Enviádeme fotos ou videos bailando.

 

 

A BAILAR!!!

 

 

Saudiños de AGRUDEBAM!!!

Aqui vos deixo un video feito con moito amor e cariño para todos os nosos deportistas!!! 

 

https://www.youtube.com/watch?v=XZ4hWUOdftI&feature=emb_logo

 

 

SEMANA 18 DE MAIO-Xogamos cunha VASOIRA

Ola rapazadiña!!

Unha nova semana para desfrutar facendo educación física.Como ides vendo podemos pasalo moi ben con moi pouquiñas cousas, esta vez necesitamos unha vasoira o un pau e podedes empregar o mesmo pao con que algún fixo a Billarda.

Deixo uns enlaces para que vexades e desfrutedes.Enviádeme fotiños ou videos ó móbil ou solicitádeme o teléfono no meu correo begonalo@edu.xunta.es

Bicazos equilibristas!!!!

 

 

 

SEMANA 11 DE MAIO-Semana das LETRAS GALEGAS

Ola rapazadiña, como estades?

Esta semana estamos de celebración moi especial e a gran semana das LETRAS GALEGAS!!!

Ata agora recordamos moitos dos nosos xogos populares:Zoadeira, billarda, chapas, mariola, xogo de palmas...

Pois agora imaxinade que facemos un patio virtual no cole e saímos a xogar todos xuntos  e xuntas ...desfutade cos xogos na rúa agora que podedes sair.

Pero un día de festa ten que rematar coa boa música da nosa terra e cun  bo baile, por iso o traballiño da semana e intentar aprender algún paso da MUÑIEIRA.Deíxovos un par de videos e practicade moito para bailar cando nos poidamos xuntar.

 

Querovosss!

 O meu correo é begonalo@edu.xunta.es para que me enviedes fotos ou para que vos pase o meu teléfono para enviarme videos...

 

SEMANA 4 DE MAIO- XA VEÑEN OS MAIOS!!!

Que tal rapazada? Supoño que moito mellor xa que saimos a dar algún paseiño.

Deíxovos algunha actividade para facer.

Como sabedes nestas datas celebramos unha festa moi nosa que chamamos "OS MAIOS", aquí tedes un video para bailar e practicar, bailade,bailade...!!

E tamén engado "O xogo das chapas" que  xa xogamos algunha vez, podemos facer circuitos, podemos facer lanzamentos, podemos practicar punteria.,podemos pegar os nosos debuxos enrriba da chapa...Podemos pasalo MOI MOI BEN!!!

 E recordade o meu correo é begonalo@edu.xunta.es e podedes enviarme fotos, videos ou pedirme o teléfono para que me enviedes os video xogando ou bailando.

Rapazada botovos de menos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut