Skip to Content

E o encargo do Trasno Trouleiro quedou así... (maio 2015)

 

Bueno, pois xa temos listo o traballiño que nos encargo o Trasno Trouleiro.

Cada clase traballou algún conto con animais como protagonistas (bueno, algúns máis de un) e logo fixeron unha manualidade sobre él.

Ollade o resultado!

 

 

Os pequenos e pequenas de Infantil traballaron cos contos de "A que sabe a Lúa?" e "A Ratiña Fachendosa"

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º coñeceron o conto de "A galiña dos ovos de ouro" e os nen@s de 3º e 4º o de "Gerónimo Stilton"

Os nenos de 5º e 6º andiveron "Buscando a Nemo" e se ve que o atoparon...

 

QUEDOU BEN, EH?

 

Letras Galegas (18.05.2015)

Durante toda a semana pasada celebramos as Letras Galegas aprendendo e descubrindo cousas sobre o autor homenaxeado este ano: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Para rematar, tivemos unha actividade de percusión con material de refugallo a cargo da compañía "Tía de Alquiler", na que aprendemos que con ben pouco se pode facer música.

E coma sempre, o Concello de Cerdido regalou a cada nen@ do cole un libro, como non, en galego. Graciñas!!!

 

 

 

 

 

Primaveraaaaaaaaa (maio 2015)


 

Os nenos e nenas de infantil estamos a traballar moitísimo!!

Esta vez deunos por decorar a nosa clase coa temática da primavera... ata con flores e plantas de verdade!!

Mirade a ver que vos parece!

 

 

A Ratiña Fachendosa (maio 2015)

 

Os nenos e nenas de Infantil, tal e como nos dixo o Trasno Trouleiro, seguimos a traballar con contos.

Nesta ocasión tocounos A Ratiña Fachendosa, que estamos a facer con coadores.

A próxima semana faremos a exposición das nosas manualidades... estade atent@s!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut