NOTA ACLARATORIA PARA O ALUMNADO QUE NON TEN INTERNET NA CASA

Ola rapazada!

As mestras e mestres somos completamente conscientes de que en moitos fogares non se conta con internet ou outros recursos tecnolóxicos, o que impide a realización de moitas das actividades que estamos a propoñer estes días. Non queremos que gastedes datos dos móviles, ou que a realización das tarefas supoñan un gasto extra de calquera tipo para as familias. Todos os exercicios que propoñemos son moi recomendables se contades cos recursos na casa, pero por suposto, opcionais e voluntarios. É por iso que fixemos unha recopilación de todas aquelas actividades que poden lavarse a cabo sin necesidade de conexión a internet. A nosa intención como equipo docente é  aportar diferentes opcións de actividades e medios para así poder chegar a todo o alumnado.

Facede click no voso curso e accederedes a unha lista con propostas (iranse actualizando periódicamente).

EDUCACIÓN INFANTIL

PRIMEIRO E SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

QUINTO E SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Asemade, e de modo xeral para todos os niveis, queremos facer varias propostas de vertente interdisciplinar coas que traballar diferentes competencias.

 

  • Lectura de libros, revistas, textos informativos e expositivos que teñades na casa. Adaptándose aos gustos e idade de cada neno e nena. 

 

- Lectura mental e en voz alta, atendendo á entonación adecuada e ás súas cadencias (signos de puntuación)

 

- Resumo do que se vaia lendo.

 

- Búsqueda na lectura: substantivos propios, substantivos comúns e clasificalos (masculino-feminino; singular-plural; concreto-abstracto; colectivo-individual).

 

- Búsqueda de adxectivos co substantivo que o acompaña. Por exemplo : “O coche vermello estaba mal aparcado…."

 

- Localización verbos (accións).

 

- Lectura e creación de poemas:

  1. Penso palabras que rimen
  2. Creo os versos atendendo ás sílabas
  3. Estructuro por parágrafos
  4. Leo con carácter e ritmo apropiado.

 

 

  •  Elaboración de receitas

 

           - Elaboración destas atendendo ós alimentos necesarios e á súa cantidade.

 

   - Dada unha receita, pasar as unidades de masa e capacidade a outras.

  (exemplo: 200gr de  avena = 0,002 kg de avena ; 1,5litros de leite=1,5x100= 150dl)

 

  • Xogos de mesa, por exemplo, coas plantillas do xogo “Afundir a flota” traballamos as coordenadas (nós na aula sacamos ás connotacións bélicas e chamámoslle “a búsqueda do tesouro” e outras variantes).

 

 

  • Medición de mobles do fogar e o seu debuxo a escala (para os máis maiores)

 

  • Busca de formas xeométricas que se atopan en obxectos e estancias do fogar.

 

  • Escritura diaria (letras, palabras, oracións ou textos en función do voso nivel), revisando ortografía e coidando a caligrafía e presentación. Podedes escribir contos, receitas de cociña, inventar xogos e escribir as regras e instruccións, cartas, diarios, etc.

 

  • Operacións matemáticas (sumas, restas, multiplicacións, divisións...)

 

  • Práctica diaria de exercicio físico.

 

  • Música e baile. Ou movementos libres atendendo ao carácter da música.

 

  • Manualidades con material do que dispoñades na casa (deixade voar a vosa imaxinación, calquera cousa se pode reciclar). Por exemplo, podemos facer instrumentos musicais como unhas maracas ou un pau de choiva:

 

Co envase dun iogurt, introducimos nel pedriñas pequeñas, ou arroz  1/3 da súa capacidade. Poñémoslle un globo para tApalo ( podemos reforzalo cunha goma para aseguralo). Xa está a nosa maraca caseira! A maiores podedes decorar a maraca pegando un debuxo previo, ou papel de cores. Así de sinxelo!

 

Co tubo do papel de cociña ou calquer outro de dimensións aproximadas que non sexa moi duro de perforar. O  primeiro que faremos será ir clavando escaradentes de xeito que formemos unha espiral e aseguralos con pegamento.

A continuación recortamos os sobrantes dos escarvadentes ( cunhas tesoiras ou un cortaunllas) que sae ó exterior para que non nos moleste ó agarrar. Tapamos un dos extremos cun cartón e un globo. Posteriormente introducimos un pouquiño de arroz e tapamos o outro extremo.

Agora só falta que o decoredes por fóra ó voso gusto, deixando libre a vosa creatividade!

E xa podedes mover suavemente dun lado para outro o voso pao, e relaxarvos escoitando a choiva.

 

  • Colaboración nas tarefas do fogar.

 

  • Debuxos libres, ou plasmación de obxectos, persoas, animais ou paisaxes da realidade ou que atopedes en contos. Tamén podedes completar debuxos atendendo á simetría:

 

 

  • Visionado de películas e programas de TV adaptados á vosa idade (en TV2, Clan TV e CRTVG2 poñen contidos educativos todas as mañás).

 

Esperamos que todo esto vos sexa de utilidade e o levedes a cabo na medida do posible.

Lembrade que podedes poñervos en contacto coas mestras e mestre por correo electrónico, ou deixando comentarios na páxina web. Podedes enviarnos debuxos, fotos, etc que iremos publicando na galería. E non dubidedes en escribir aínda que soamente sexa para contarnos que tal vos vai e como vos sentides. Aquí estamos para o que precisedes e esperamos vernos moi prontiño no cole!

 

Unha aperta moi forte e a coidarse moito Guiño