Skip to Content

Taboleiro

Obradoiro de Construción de Cabezudos

Lembrade que este xoves comezamos co "Obradoiro de Construción Cabezudos", e aínda nos quedan 5 prazas libres. Está aberto a calquer persoa amiga/o do CEIP de Barouta.
 

Fondo Libros | lista DEFINITIVA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º e 6º EP)

 

Seguindo a Orde do 16 de maio de 2017 (DOG núm.96 do 22.05.2017) publícanse as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas no Fondo Solidario de Libros de Texto

Recordade que podedes seguir pasando polo centro a recoller os vales de material (50€) para o alumnado de Ed.Primaria e máis os cheques das "Axudas Libros" do alumnado de 1º e 2º.

 

O reparto faino automaticamente a aplicación da Consellería como resultado do cruce de datos coa Axencia Tritubutaria. Con todo, aínda que non cambiarades a renda/ingresos dun ano para outro é problable que o reparto sexa diferente, dependendo das existencias de libros que haxa no centro e do alumnado solicitante. Por exemplo: o ano pasado tiñamos 50 alumn@s en 3ºEP e 29 en 4º EP pero este ano haberá 24 en 3ºEP e 47 en 4º EP, por tanto vai haber máis existencias para o reparto este ano en 3º EP que en 4ºEP.

De acordo coa ORDE do 16 de maio de 2017 a distribución que fai a aplicación da Consellería é a seguinte:

  • Renda per cápita ata 5400€, 6 libros
  • Renda per cápita ata 9.000€, 4 libros
  • Renda per cápita maior de 9.000€, 0 libros

Con todo, unha vez cuberto este dereito, a aplicación permitenos repartir as existencias de libros "sobrantes", no caso de que as haxa no centro. De aí as diferenzas de reparto que podades atopar entre un ano e outro. Para saber se está ou non ben feito, cotexade coas vosas rendas e os datos de RPC (renda per cápita) que marca a ORDE de convocatoria do Fondo Libros. 

 

ADMISIÓN ALUMNADO | LISTA PROVISIONAL (Reclamacións até 2 de maio)


Xa podedes consultar nos anexos as diferentes LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO para o curso 2017/2018. O prazo de reclamacións contra as mesmas é de 5 días hábiles, por tanto: até as 14h00 do martes día 2 de maio.

Nos cursos nos que houbo que baremar por ter máis solicitudes que prazas vacantes (4º EI e 1º EP), a Consellería estableceu como letra de desempate o I - I para o primeiro apelido e o Ñ-X para o segundo.

No caso do alumnado da EEI de Covas que non obtivo praza neste centro, é a Comisión de Escolarización quen vai resolver esta adscrición non cuberta.


 

 

BAREMO | SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2017/2018 (Ata 3 de abril)

Estimadas familias, 
Subidas xa todas as solicitudes de admisión para o próximo curso 2017/2018 á aplicación da Consellería, vemos que hai máis demanda de prazas que as que o centro pode ofertar, polo que teremos que baremar e puntuar as solicitudes. Todas aquelas persoas que teñades pendente achegar documentación para baremar podédelo facer ata o día 3 de abril ás 14h00.
CURSO ALUMNADO VACANTES SOLICITUDES
4º EI 0 25 35
5º EI 23 2 2
6º EI 28 -3 1
1º EP 22 3 6
2º EP 42 8 0
3º EP 24 1 0
4º EP 50 0 0
5º EP 30 20 0
6º EP 27 -2 0
 
A día de hoxe, 23 de marzo de 2017, como non temos noticias da Consellería que contradigan a ORDE de Admisión do Alumnado do 12 de marzo de 2013, todo apunta a que esta normativa será a que se use na aplicación para baremar e puntuar as vosas solicitudes. Neste sentido, por favor, revisade e pensade se queredes que se vos teña en conta algún dos elementos que aparecen nese baremo e se aínda non aportastes documentación, recordade que o podedes facer ata o 3 de abril ás 14h00.
Como apuntamento
- Detectamos que hai familias que non indicastes renda, se queredes que se vos teña en conta é bo que acheguedes este dato
 
No artigo 23 da ORDE podedes ler o seguinte (para que valoredes se vos interesa ou non aportar isto)
 
8. A valoración da renda anual per cápita da unidade familiar realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
 
a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

- Se queredes alegar proximidade do voso domicilio familiar (ou laborar) precisamos padrón municipal, tanto sexa da área de influencia como da área limítrofe. Isto é o que dí a ORDE de Admisión:

Artigo 22. Acreditación e valoración do criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es

3. O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

6. A proximidade ao centro educativo do lugar de traballo acreditarase:

7. A valoración deste criterio realizarase aplicando os seguintes baremos, con carácter excluínte:

a) Proximidade do domicilio familiar:

1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.

2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

b) Proximidade do lugar de traballo:

1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

 

Se xa entregastes esta documentación, non é preciso que a volvades entregar. É un aviso xenérico para todas as persoas solicitantes.

Recibide un cordial saúdo,

URXENTE! SUSPÉNDESE O TRANSPORTE ESCOLAR

ÚLTIMA HORA!


A Consellería de Educación SUSPENDE O TRANSPORTE ESCOLAR, mantendo a actividade lectiva. Só se suspenden as actividades que se fagan no exterior.
Desde mañá, mércores día 22 ás 12h00, ata as 12h00 do xoves 23 de marzo

 

--
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADASpara os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense; e entre as 9:00 horas do día 22 e as 9:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve superiores aos 2 cm po riba dos 500m na zona de predición meteorolóxica de Valdeorras.
A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

CALENDARIO ESCOLAR 2016-17

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - Listaxe Definitiva

LISTAXE DEFINITIVA

As persoas que solicitastes FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, xa podedes consultar no seguinte anexo o estado da vosa solicitude e pasar pola escola para recoller os "vales" do material. 

 

POR FAVOR, ATA NOVO AVISO, NON COMPREDES O LIBRO DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. En setembro saberemos como se vai impartir esta materia o próximo curso

VER ADXUNTOS

1.- Listaxe Admitidos Fondo Libros

2.- Vales Material

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

 

Libros de Texto de Primaria | Curso 2016/2017

Libros de Texto de Infantil | Curso 2016/2017

 

GALA SEXTO CURSO

GALA DE SEXTO CURSO

                                                        PICOSANMARCOS

                                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut