Skip to Content

3º Curso

A capilaridade das plantas - experimento 3º de primaria.

O alumnado de 3º quere compartir con vós este traballo que fixeron:

O alumnado de terceiro estivemos a traballar as plantas, e fixemos un experimento sobre a capilaridade con diferentes colorantes de cores que lle botamos á auga do apio, pero só funcionou co vermello. Aquí podedes ver unhas fotos do noso experimento.

Redactora: Ángela Traba Santiago

ALUMNADO DO CEIP DE BAROUTA NO "ENCONTRO VERDE"

Rapaces do CEIP de Barouta visitan o viveiro do alumnado do obradoiro de emprego Encontro Verde

Esta actividade didáctica enmárcase dentro do proxecto de colaboración cun centro de ensino de Ames e outro de Brión, para a recuperación das froiteiras autóctonas do Val da Maía

04.04.2013

Esta mañá un grupo de 22 alumnos/as do CEIP de Barouta achegouse ata as instalacións do viveiro que acondicionou e no que están traballando as 27 persoas que forman parte do obradoiro de emprego Encontro Verde, organizado en colaboración entre os concellos de Ames e Brión. O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Bernardo Moar, tamén participou nesta visita. Esta actividade didáctica enmárcase dentro do proxecto de colaboración cun centro de ensino de Ames e outro de Brión, para a recuperación das froiteiras autóctonas do Val da Maía. Trátase dun proxecto piloto que se realizou tanto co alumnado do CEIP de Barouta coma cos estudantes do CEIP Pedrouzos de Brión. Ademais, esta semana o alumnado do obradoiro recibiu unha charla sobre primeiros auxilios que se enmarca dentro do modulo de prevención de riscos laborais. Esta charla foi impartida por Jorge Fernández, técnico de Protección Civil de Brión.

O obradoiro de emprego Encontro Verde, que está promovido polos Concellos de Ames e Brión, ten como obxectivo ofrecer formación en alternancia con práctica profesional a 27 alumnos/as no Certificado de Profesionalidade de ?Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes? e nos módulos formativos de ?Propagación de plantas en viveiro? e ?Cultivo de plantas e tepes en viveiro? pertencente ó Certificado de ?Produción de sementes e plantas en viveiro?. Este proxecto formativo tivo o seu inicio o 28 de decembro de 2012 e rematará o vindeiro 27 de xuño. Entre os obxectivos das actividades programadas está o de recuperar e reproducir variedades de froiteiras autóctonas representativas da riqueza agrofroitícola do Val da Maía.

Dento do programa teórico e práctico que se leva a cabo neste obradoiro existe unha liña de colaboración cun centro de ensino de Ames e outro de Brión, para a recuperación das froiteiras autóctonas do Val da Maía. Deste xeito, un grupo de alumnos/as acompañados da súa profesora e polo concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Bernardo Moar, visitaron esta mañá as instalacións do viveiro de Baroura para ver como se leva a cabo todo o proceso de recuperación, conservación e produción das árbores froiteiras autóctonas.

O alumnado recibiu unha charla sobre a labor que leva a cabo este proxecto mixto de formación-emprego e que ten como un dos obxectivos encomendados a recuperación de variedades froiteiras autóctonas que dende sempre existiron no Val da Maía, variedades tales como as variedades de mazá Santiaga e repinalda; as peras urraca, manteiga, barburiña; a ameixa Cirijuela, ambruño, fatóns.... e tantas outras que poboaron as hortas e testas das leiras ata que na década dos 60 comezaron a desaparecer da fisionomía deste val.

Co obxectivo de implicar a diversos sectores na recuperación deste valioso patrimonio natural, especialmente ó sector educativo, invitouse ao alumnado do CEIP de Barouta e do CEIP de Pedrouzos de Brión a participar neste proxecto piloto. Os nenos e nenas, coa axuda dos seus pais/nais e dos seus avós, tiveron que buscar púas de variedades froiteiras que teñen nas súas casas ou nas súas terras e que se consideran autóctonas do Val da Maía.

Repoboación dos espazos verdes municipais
Coas púas recollidas nos centros escolares os alumnos/as do obradoiro de emprego Encontro Verde farán enxertos nos patróns que xa teñen preparados. Unha vez frutifiquen e medren servirán para repoboar os distintos espazos verdes dos Concellos promotores intentando apostar por unha xardinería na liña de parques-xardín abertos nos que as froiteiras coexisten nos espazos verdes con outros tipos de árbores ornamentais para uso e goce da cidadanía. Ademais, cando medren váiselle regalar un exemplar de cada árbore froiteira ao alumnado para que as poidan plantar nos centros de ensino de Barouta e Pedrouzos.

Nesta xornada formativa, que incluíu unha demostración práctica do procedemento de recollida e conservación de púas, así como unha explicación de como facer un enxerto, os pequenos/as amosaron en todo momento o seu interese e coñecementos sobre o tema con constantes preguntas sobre o que se lles estaba explicando. Con esta actividade non só se promove a recuperación e revalorización das variedades froiteiras locais, se non que tamén se fomenta o coñecemento tradicional asociado.

(Recollido de El Correo Gallego.Terras de Santiago)

Distribuir contido


by Dr. Radut