Skip to Content

25N | Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 
#25N | Día internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A coeducación é un dos piares nos que se asenta o proxecto educativo de Barouta, por iso para nós, como colectivo, como comunidade, é moi importante que sexa traballando de maneira constante e que trascenda o ámbito escolar.
Este ano contamos durante todo o mes de novembo co programa "As Máscaras do Machismo", un proxecto que naceu grazas ao Grupo Comunitario de Igualdade e Xénero e á ANPA do colexio. Grazas a este traballo o alumnado tivo ocasión de investigar, pensar, actuar, e agora querémosvos convidar a exposición guiada deste proxecto que terá lugar o luns día 25 de novembro ás 12h30. Querémosvos contar o que fixemos, e como o fixemos, e que teñades oportunidade de ver o proxecto de traballo deste mes. 
Previamente, ás 10h30, conmemoraremos este día co alumnado do centro no que, entre outros elementos, nos sumamos á campaña de #EnNegro. Agradecemos que, como vén sendo xa costume en Barouta nos últimos tres anos, o alumnado veña vestido de negro.
Agardamos contar con vós!
 
 
 


page | by Dr. Radut