Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR | Lista DEFINITIVA

En anexos pódese ver a lista DEFINITIVA de solicitudes admitidas e non admitidas para a convocatoria da Consellería de Axudas para Material Escolar e Libros de Texto 2019/2020.

 

ACLARACIÓNS IMPORTANTES

  • Non se recomenda comprar material escolar ata setembro, momento no que se formalizará a adscrición do profesorado (a asignación de mestra/e a cada titoría que se fará no primeiro claustro do curso 2019/2020)
  • Esta convocatoria é só para alumnado de Ed. Primaria. Avisaremos cando saia a convocatoria de axudas para material escolar de E. Infantil (previsiblemente outubro 2019)
  • 1º, 2º 3º de Ed. Primaria non usarán libros de texto do Fondo Libros, por iso a aplicación non lle asigna número de libros, e figuran nas listaxes anexas a esta publicación como "non solicita". De precisarse material funxible, serán as mestras asignadas en setembro as que o soliciten ás familias.
  • Os libros de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria serán entregados ao alumnado polas titoras/es de cada aula en setembro
  • Recoméndase recoller os vales para material escolar en setembro, no inicio do curso 2019/2020, cando as titoras/es entreguen ao alumnado a lista de necesidades. Se se perde ou estropea o cheque/vale, non se pode xerar outro novo.
AdxuntoTamaño
fl003_definitiva_adm_15026637_Pri._1907100915_7029f073-a964-4126-b921-8f35b52ffbdd.pdf164.11 KB
fl004_definitiva_exc_15026637_Pri._1907100916_33468ab4-3884-4e39-a357-0d9e660a1381.pdf135.84 KB


page | by Dr. Radut