Skip to Content

7ª ASEMBLEA DE CENTRO | 30-10-2018 | 18h30

 

7ª ASEMBLEA DE CENTRO

Martes, 30 outubro ás 18h30

 

O martes 30 de outubro, ás 18:30 horas, terá lugar no CEIP de Barouta a 7ª Asemblea de Centro.

 

Desde a comisión da asemblea animámosvos a todos e todas integrantes da comunidade educativa a que fagades achegas sobre todos aqueles temas que vos gustaría que foran tratados na mesma. Con todas estas propostas elaborarase unha orde do día que resulte do interese da maioría.

 

Para poder achegarnos estas suxestións enviade un correo electrónico á seguinte dirección asemblea.barouta@gmail.com. Se alguén non dispón desta canle de comunicación pode facer un escrito e deixalo no colexio indicando claramente que é para a comisión da asemblea. A orde do día a redactaremos o venres 26. Hai moitas cousas por facer aínda, esperamos con ansia as vosas ideas para mellorar este noso colexio entre todos!. 

 

Un saúdo



page | by Dr. Radut