Skip to Content

Carta ás Familias | 30 de marzo de 2020

 

Carta ás Familias | 30 de marzo de 2020

Aula Virtual e 2ª Avaliación



Prezadas Familias do CEIP de Barouta,

Agardamos que esteades ben e que manteñades o ánimo neste confinamento histórico polo COVID-19.

Acabámonos de reunir o profesorado por videoconferencia e mandámosvos este tokapp coas últimas novidades:

AULA VIRTUAL

Xa está operativa a Aula Virtual do CEIP de Barouta. Podedes acceder desde aweb ou directamente no seguinte link:https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual2/

A aula virtual do colexio centralizará as actividades de todos os cursos, na esperanza de ordenar o traballo e de facilitarvos o acceso a toda a información nun único lugar.

  • Acceso á Aula Vitual do CEIP de Barouta. Podedes acceder como convidado/a (e ver todo o contido subido) ou con contrasinal (a maiores de ver o contido podedes comentar no foro, enviar as tarefas á mestra/e, etc)

Acceso con CONTRASINAL: 

USUARIO: nome.apelido1.apelido2 

Se hai ñ, sustituese por n, se o nome é composto: nome1.nome2.apelido1.apelido2. Se un apelido ten espazo, sustituese por un punto (.) Por exemplo: “María Begoña del Río Castro” = “maria.begona.del.rio.castro”

CONTRASINAL: changeme

A primeira vez que accedades á Aula Virtual tedes que cambiar o contrasinal.

2ª AVALIACIÓN

De acordo coas instrucións da Consellería, hai que facer a avaliación do 2º trimestre, na que se terá en conta o traballo presencial feito ata o día 13 de marzo, antes da declaración da suspensión da actividade educativa

Dada a restrición de mobilidade polo confinamento, a única maneira de poder ver o boletín de notas será pola aplicación da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Tedes que descargar esta aplicación para que este venres día 3 de abril vos chegue a ela o boletín de notas

  • Descarga de ABALAR MÓBIL

Calquera consulta, non dubidedes en contactar con nós por correo electrónico ou teléfono. Tedes a información de contacto na web do colexio

Contacto CEIP de Barouta: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/70

Contacto Profesorado: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/63

 

Recibide todo o noso ánimo, apoio e acompañamento

 

Unha aperta,

Alonso Barreiro Caxade

 

Director do CEIP de Barouta

 

Carta ás Familias | 26 de marzo de 2020

 

ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA



Prezadas familias do CEIP de Barouta,

 

Querémosvos facer chegar o noso afecto, o noso acompañamento nestes tempos difíciles e confusos, e trasladarvos todo o noso ánimo e apoio, para vós e para os vosos seres queridos.

 

Estes días, o Claustro do CEIP de Barouta, debatimos sobre como colocar as necesidades do alumnado na nosa práctica docente a través do teletraballo. O noso oficio baséase no acompañamento presencial do alumnado, de seguir o seu ritmo de aprendizaxe para ofrecerlle que vaia construíndo novos coñecementos. Pero esa presenza, ese acompañamento como habitualmente o entendemos, non é posible e temos que trazar novas estratexias.

 

Como Centro Educativo e como Claustro estamos facendo un grande esforzo, colectivo e individual, en manter unha comunicación fluída con vós a través de diferentes vías: Web, TokAppSchool, Correo Electrónico, E-Dixgal. Así mesmo, levamos días traballando nunha aula virtual de aprendizaxe que agardamos poder ofrecervos nos próximo días. Todo para que vos sintades acompañados/as e arroupados/as. Que saibades que estamos aquí para o que precisedes.

 

Con todo, a situación histórica que vivimos pon de manifesto moitas desigualdades de recursos tecnolóxicos e dixitais que non todo o alumnado posúe. E isto é unha das cousas que máis nos preocupa. Por moito que enviemos mensaxes, se non se recibe non hai comunicación verdadeira. 

 

Se sabedes que alguén non recibe comunicación do colexio, agradecémosvos que lla fagades chegar do xeito e forma que sexa posible, e tamén que nolo digades para poder ver nós outros canles e medios de comunicación. É importante que esta situación nos manteña unidas/os en Comunidade Educativa, non que nos separe abrindo máis a fenda das desigualdades.

 

Queremos saber de vós, así que, as persoas que queirades e poidades, gustaríanos que nos enviásedes unha nota de voz, un vídeo ou un texto onde nos describades e expliquedes como pasades este momento, para poder compartir con toda a Comunidade Educativa. Tedes á vosa disposición o teléfono móbil do colexio (con WhatsApp) 717 70 74 31 e o correo ceip.barouta@edu.xunta.gal

 

Seguimos en contacto. En breve, como vos anunciamos, darémosvos noticias da nova aula virtual que estará dispoñible na páxina web: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual2/

 

Recibide todo o noso afecto, apoio e acompañamento neste momento difícil. 

 

Moito ánimo. 

 

Agardamos vernos pronto!



25 de marzo de 2020

 

Clasutro do CEIP de Barouta

 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA POR ESTADO DE ALARMA


 

Nos documentos adxuntos a esta publicación, podedes ver as recomendacións que cada mestra/e fai ao alumnado de cada titoría.

Por se vos é de interese, deixámosvos tamén nesta publicación outros enlaces/actividades/suxerencias que poden ser útiles nestes días de permanencia na casa, iremos completando pouco a pouco.

 

Moito ánimo para estes días complicados, agardamos que, seguindo as recomendacións sanitarias entre todas/os, pronto poidamos reestablecer a normalidade. 

 

 

ESTADO DE ALARMA | Suspensión da Actividade Educativa - RD 463/2020

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA

Como saberedes polos medios de comunicación, ante a publicación do Estado de Alarma no Real Decreto 463/2020 suspéndense a actividade educativa durante as próximas dúas semanas, paralízanse os trámites administrativos e restrínxese o trásito habitual de persoas pola vía pública (só permitido para determinadas funcións básicas de abastecemento)

No día de hoxe o profesorado enviaravos tarefas para o alumnado.

Recordade que podedes contactar con nós nos medios habituais móbil da escola, por chamada o WhatsApp no número 717 70 74 31, correo ceip.barouta@edu.xunta.gal ou TokAppSchool

Enviámosvos moito ánimo nestes días complicados e forza para poder cumplir as recomendacións sanitarias que nos saquen o máis pronto posible desta situación de emerxencia.

Novas instrucións en relación co COVID-19

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

2.2. Criterios para a priorización da presenza do persoal nos centros.

De conformidade coas previsións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia teñen preferencia para a obtención de permisos de conciliación o profesorado que teña ao seu coidado menores de 18 anos, maiores discapacitados e persoas maiores dependentes.

Para os casos nos que ambos os proxenitores teñan a condición de empregados públicos, a medida aplicarase a un deles (coa excepción de que un deles teña a condición de persoal sanitario).

2.3 No relativo ás ferramentas informáticas dispoñibles, e sen menoscabo das propias, remitirase aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as que están a disposición e o seu procedemento de uso.

 

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.

 

4 OUTRAS MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

4.1 Suspéndese todo tipo de actividade extraescolar

4.2 Suspéndese o servizo de cafetería nos centros de ensino secundario

4.3 Utilizarase como medio de comunicación prioritario coas direccións dos centros educativos o portal da dirección e o correo electrónico.

4.4 As direccións dos centros educativos divulgarán entre o persoal do centro as presentes instrucións e comunicaranas a todas as familias que as soliciten.

 

5. VIXENCIA DESTAS INSTRUCIÓNS

As presentes instrucións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instrucións realizarase coa maior inmediatez a través do portal da dirección.

 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

Hai uns minutos comunicaba o presidente da Xunta de Galicia que a partir do luns, e durante 14 días, suspéndense as clases para os centros educativos galegos. Mañá os colexios estarán abertos pero non se recomenda a asistencia.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2020/2021

 

Horario de Atención ao Público

L-V: 09h00 - 09h45 e 13h15 - 14h00

Martes pola tarde de 16h30 a 17h30

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2020/2021




CALENDARIO

Do 1 de marzo

ao 20 de marzo



Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

Do 23 de marzo

 ao 3 de abril 



Presentación da Documentación do Baremo

24 de abril



Publicación da Lista Provisional

Do 27 de abril

ao 4 de maio



Presentación de Reclamacións á Lista Provisional

14 de maio



Publicación da Lista Definitiva

Do 20 de xuño

ao 30 de xuño



Formalización da Matrícula











MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel



  • Impreso ED550B. 

  • Documentación Acreditativa para Baremar 

  • Libro de Familia ou DNI

Apliación

Admisión Alumnado



https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/



Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 






BAREMO



As familias que o desexen, poden entregar documentación acreditativa para que lle sexa baremada e puntuada de acordo cos items incluídos no ANEXO II (Continuación) do Impreso ED550B. 

  • O criterio complementario establecido polo centro é estar empadroado nun lugar da área de influencia da escola (1 punto)







VACANTES Curso 2020/2021

CURSO



ALUMNADO

con permanencia

VACANTES

4º EI

0

25*

5º EI

24

1

6º EI

24

1

1º EP

27

0

2º EP

25

0

3º EP

26

0

4º EP

26

0

5º EP

42

8

6º EP

27

0



* De acordo co artigo 3.2 da Orde do 12 de marzo de 2013, reservaranse 3 prazas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, que serán adxudicadas en caso de non haber solicitudes de ANEAE.










OUTROS DATOS DE INTERESE

Servizos Complementarios

Concello de Ames



Bos días (Madrugadores)

Comedor Escolar 

Tardes Divertidas



Solicitudes do 1 ao 31 de marzo 

Departamento de Educación - Pazo da Peregrina (Bertamiráns)

Sorteo Letras

Desempate



De acordo coa Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en caso de empate as letras de prioridade son “T” e “G” para o primeiro apelido e “E” e “X” para o segundo apelido.

Protección Datos



CONSULTA PRESENCIAL

De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado 2020/2021, as listas só se poderán consultar de xeito presencial no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

CONSULTA NON PRESENCIAL

A través da Apliación Admisión Alumnado empregando a Chave 365 ou Certificado dixital.

Non se poderán publicar as listas na páxina web do centro nin dar datos persoais por teléfono

Normativa



Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013). Modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/2017)

Horario de Secretaria



MAÑÁ: de luns a venres de 09h00 - 09h45 e de 13h15 - 14h00

TARDE: martes de 16h30 a 17h30

ENTROIDO 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut