Skip to Content

Bibliotecas Creativas

PROGRAMA: BIBLIOTECAS CREATIVAS

 

Estimados membros da comunidade educativa que formades parte do CEIP Baíñas: 

 

 

                                                   

 

Dende a Biblioteca do Centro queremos informarvos de que este Centro iniciou un proxecto máis, denominado: BIBLIOTECAS CREATIVAS, enmarcado dentro do PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares).

 

Iniciamos por primeira vez este proxecto durante o presente curso 2018-19.

Ten como finalidade que na biblioteca haxa un espazo, onde se potencien varias actividades creativas como por exemplo: a robótica, a ciencia, as novas tecnoloxías, xogos de contrucción (legos…), e en xeral actividades creativas de todo tipo... Todas elas coa finalidade de favorecer o aprendizaxe ao alumnado, incorporando a cultura do “maker”; ou de “Faino ti mesmo/a!”

 

O pasado 19 de outubro na EGAP en Santiago de Compostela tivo lugar unha sesión de formación onde acudiron os responsables das bibliotecas ou os designados polos centros para formarse nesta primeira fase na montaxe e programación dos “ESCORNABOTS”. Uns robots diseñados por dous profesionais galegos expertos en robótica: Alberte Xosé Méndez“Tucho” e Xoán Sampaíño.

 

Os ESCORNABOTS xa chegaron á Bilioteca e a todo o Centro. Son uns “bichejos” algo raros, a verdade, pero pensamos que son bós...(polo menos parecen simpáticos).

 

Agardamos que os acollades con agarimo, pois aínda non vos coñecen..., ben sei que son algo tímidos, pero estou seguro de que enseguida serán un máis da familia do noso COLE!

 

O Equipo de Biblioteca e o Claustro de Profesores. 15/11/2018

 

Distribuir contido


by Dr. Radut