A Biblioteca informa

"Día das bibliotecas escolares"
SERAFINA CÓNTANOS QUE HOXE, 24 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Dende 1997, celébrase este día o 24 de outubro. O lema deste ano, "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
A nosa biblioteca, reformada e con ánimo de seguir brindando a toda a comunidade educativa, recursos, información e apoio, o día 29 de outubro, fai a súa inaguración para este curso escolar.
Festexaremos con actividades e moitas sorpresas para todos os nenos e nenas do noso centro.
SEN DÚBIDA UN DÍA MOI ESPECIAL!
Benvidos de volta ao cole!
Serafina está feliz do reencontro con todas e todos no cole!
Este curso cambiaron moitas cousas pero o importante é coidarnos e xuntos facer desta nova realidade toda unha aventura!
A nosa tartaruga recoméndannos algunhas lecturas para comprender e adaptarnos moito mellor.
Día Internacional dos Museos 2020
Cada ano dende 1977, todos os 18 de maio o ICOM organiza, o Día Internacional dos Museos (DIM), co obxectivo de concienciar da importancia dos Museos para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.
Este ano o tema é: "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión" coa finalidade de potenciar a diversidade e a inclusión nas institucións culturais.
Dende a nosa biblioteca, Serafina invita a toda a comunidade educativa a visitar a través destes ligazóns, museos de distintos lugares do mundo, viaxar e admirar a riqueza doutras culturas.
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/museos-visitas-virtuales-seleccion-mejores/
Museos virtuais. Moitos para elixir!
https://viajes.nationalgeographic.com.es/lifestyle/museos-mundo-visita-virtual_13248/2
Os 10 mellores museos do mundo segundo a National Geographic.
https://artsandculture.google.com/partner
Google art&culture.
MUSEOS DE CIENCIAS NATURAIS
https://artsandculture.google.com/exhibit/yAISzR1n3bdnLw
Museo virtual de Ciencias Naturais.
https://artsandculture.google.com/exhibit/gwIS8EWZmdKZLw
Pezas emblemáticas: elefante africano, lince ibérico, abejarucos...
MUSEOS DE GALICIA
https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos
E agora, a proposta divertida!
Serafina propón (xunto coa área de Plástica e Expresión Artística do cole)...
Facer arte na casa reproducindo obras, cos materiais que atopades e coa vosa imaxinación e creatividade a toda marcha!
ARTE NA CASA
Fideos de lasaña Renancentistas
Insecto imaginario, tulipán, araña y pera común en Mira Calligraphiae Monumenta , 1561–1562. Museo J. Paul Getty. Recreación en Twitter por la familia Martínez con lasaña, fósforos, productos y bolsa de papel.
Neste ligazón hai ideas e instrucións para facilitar as reproducións.
Podedes mandar ao correo do cole as vosas obras artísticas e nós faremos unha exposición fotográfica que todos e todas poderemos disfrutar. Tes tempo ata a primeira semana de xuño!
A chegada da primavera
O día 1º de maio festéxase en Galicia a Festa dos Maios. Segundo contan as lendas, é unha celebreción pagá. Un rito agrario para favorecer o comenzo da primavera, a fecundidade da Terra e a colleitas. Celébrase con música, poesías e representacións florais moi vistosas.
Nos datos adxuntos encontras un conto moi divertido!
Día Internacional do Libro
Feliz día do Libro!
Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.
A data foi elixida pola UNESCO e coincide coa morte de escritores moi importantes na historia da literatura como Miguel de Cervantes (autor do Quixote) e William Shaskespeare (autor de Romeo e Xulieta).
A TARTARUGA SERAFINA
Queridas familias,
Os nenos e nenas do noso centro votaron, no período de clases, o nome da nosa mascota!
O nome é: SERAFINA
Serafina é unha tartaruga moi inqueda e con moitas ganas de aprender. Gústalle moito ler! Por iso, é feliz compartindo libros e ideas divertidas dende a biblioteca do noso cole!
Nestes días que temos que estar na casa, Serafina deséxalle:
MOITO ÁNIMO!
