Complementarias
CONCURSO SAN FROILÁN DE DEBUXO
Se tes entre 8 e 14 anos,
participa cun debuxo orixinal no que os protagonistas sexan
o polbo e a festa do San Froilán.
Os traballos deberán entregarse entre o 5 e o 31 de outubro.
Envíao por correo electrónico a concursosanfroilan@elprogreso.es
ou entrégao presencialmente na sede de El Progreso.
O gañador ou gañadora recibirá unha videoconsola
e o segundo clasificado, unha tablet.
Animádevos a participar!
ACTIVIDADES VICENS VIVES
Queridas familias,
Deixámosvos esta táboa organizada por áreas e cursos da plataforma dixital de Edelvives; premendo nos enlaces accededes ás actividades interactivas e que son autocorrixibles, que vos van permitir complementar, ampliar e reforzar contidos. Non deixan de ser un engadido ás actividades enviadas polas titoras.
AULA ACTIVA | Matemáticas | L. Castelá | C.Sociais | C.Naturais | L.Galega |
1º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
2º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
3º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
4º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
5º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
6º E.P. | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic | Fai clic |
TRÍPTICO DO COLEXIO DO BAAMONDE
Para a comunidade educativa do CEIP BAAMONDE.
TRABALLANDO NO HORTO ESCOLAR
Boas,
Vaia por diante o noso agradecemento ás familias, por botarnos unha man co horto escolar, pois estánnos brindando toda a axuda para poñelo a funcionar.
Hoxe estivemos traballando nel e xa comezamos a facer cartaces para organizar as nosas prantas...mirade que bonitiños!
TALLER DO CONCELLO DE BEGONTE SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL E HABILIDADES SOCIAIS
Queridas familias,
Aquí vos deixamos algunhas fotos do taller que se está a desenvolver por parte do Concello de Begonte nas escolas e que xira sobre a Educación Emocional e a xestión de Habilidades Sociais, ámbolos dous aspectos fundamentais para relacionarse!
FESTIVAL DE NADAL
Familias,
Aquí deixamos as fotiños do festival de Nadal e da visita ó centro de día.
EXHIBICIÓN MILITAR
FAMILIAS,
Informárvos de que mañá xoves día 9 de Outubrbo, terá lugar unha exhibición de material militar entre as 11.30 H e as 13.30 H por parte dos militares do destacamento de Parga.
