Iniciar sesión: Acceso
Localización
CONTEXTO
Enviado por Anónimo o Mar, 23/06/2009 - 10:54TELÉFONO DO CENTRO: 982870092
O concello de Baamonde conta con 300 habitantes aproximadamente. O entorno de Baamonde ofrece numerosos recursos:
- A CASA MUSEO DE VÍCTOR CORRAL: A obra de Victor Corral é moi numerosa; forman parte dela máis dun milleiro de pezas singulares. Esta cantidade de obras, foron esculpidas en moi diversos materiais e en estilos diferentes e variados. É de destacar a orixinalidade do emprego de árbores vivas para labrar nelas temas relixiosos, como é o caso da Virxe do Rosario no castiñeiro perto da igrexa parroquial. O granito da comarca serviulle para tallar esculturas que hoxe se atopan no xardín da súa Casa-museo e en outros lugares públicos.
- IGREXA ROMÁNICA: A nave é do século XII e a capela maior do s. XV. Sábese que en 1101 destruíron o templo os irmandiños e, pouco máis tarde, foi reedificado ata que o mandou rematar don Pedro Arias e Vaamonde, natural da localidade e bispo de Mondoñedo. Ata 1853 enterrábase no interior do recinto. A parte románica acusa o influxo das peregrinacións a Santiago
- CASTIÑEIRO MILENARIO: Nun castaño oco á beira da N-VI, o artista Víctor Corral tallou unha capeliña da Virxe. Cando se fixo o trazado da N-VI, nos anos setenta, o proxecto inicial prevía que parte do adro e o castiñeiro quedasen afectados pola obra.
O proxecto da estrada foi modificado, e o castiñeiro varias veces centenario segue en pé despois duns incendios, e dentro del a capeliña da Virxe.
O Castiñeiro de Baamonde
disque é milenario,
dentro do tronco está tallada
a nosa Virxe do Rosario.
Nesa Virxe hai beleza
nesa Virxe hai amor
fíxoa con moito agarimo
meu irmán, o escultor.
O Castiñeiro xa o coñecen
moitas persoas do mundo
o Castiñeiro e a Virxe
que tallou Víctor Reimundo
Mirando para o Castiñeiro
vese a obra do escultor
e mirando para o ceo
vese a man do creador
Deus que o salvaches
do lume e das enfermidades
eu quero darche as gracias
polo ben que o trataches
Xoán Corral
- ALBERGUE DE PEREGRINOS:Dentro do Camiño de Santiago atopamos o albergue de peregrinos de Baamonde. O albergue está ubicado nun vello edificio que foi rehabilitado e ó que se adosaron dúas construccións destinadas a adega, forno e cobertizo. Tamén se emprega como centro para actividades socioculturais.
