Iniciar sesión: Acceso

LETRAS GALEGAS 2020

Queridas familias, 

O día 17 Maio, como tódolos anos é o Día das Letras Galegas. E aínda que os actos solemnes de homenaxe foron trasladados ao mes de Outubro, non queremos deixar pasar a ocasión sen celebrar o día das nosas letras e homenaxear ao escritor deste ano: Ricardo Carvalho Calero.

Deixamos aquí marcapáxinas e carteis deste día personalizados co nome da nosa escola.

 

PAUTAS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DE LUGO PARA AS FAMILIAS

Queridas familias, 

O Equipo de Orientación Específicio (EOE) de Lugo, como servizo de asesoramento e colaboración cos Departamentos de Orientación,  elaborou un documento co obxectivo de ofrecer ás familias diferentes pautas e orientacións que vos poidan ser de utilidade durante este tempo no que nos vemos obrigados a estar na casa. 

Esperemos que vos poidan ser de utilidade.

 


 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 23 DE ABRIL DO 2020

Queridas familias!

Feliz Día do Libro!. Hoxe conmemórase o Día do Libro, eses que nos acompañan no día a día e que son ferramenta para múltiples aprendizaxes. Tomade nota de todas as aportacións que fixeron os nenos/as e os que non son tan pequerechos tamén!

Non esquezades que: "Un neno que le, será un adulto que pensa"

 

ACCÉSIT DO CONCURSO "BEGONTE QUEDA NA CASA"

Queridas familias, 

Queremos comunicarvos que fomos premiados co segundo accésit do Concurso "Begonte queda na casa", na categoría audiovisual polo noso video "CEIP BAAMONDE, CON AGARIMO".

PARABÉNS PARA TODOS/AS! 

PORQUE XUNTOS FACEMOS ESCOLA

ARRANCAMOS...O 3º TRIMESTRE.

Queridas familias, 

Hoxe comeza o 3º trimestre. Dende o claustro do CEIP Baamonde queremos enviarvos unha chea de ánimos para afrontar o último trimestre do curso. Vai a ser un trimestre diferente, onde todos nós imos atopar cunha nova forma de traballar, tanto vosoutros familias e alumnado, como nós, os mestres. Pero consideramos que con actitude e bo facer non hai reto que non academos. Por iso estivemos traballando e van quedar organizadas as tarefas para os diferentes cursos do seguinte xeito:

Cada semana imos a subir bloques de actividades nos diferentes enlaces que tedes na páxina web para cada un dos cursos. Tódalas áreas estarán incluídas nese enlace en arquivos adxuntos, a excepción de Relixión e Inglés que teñen o seu propio.

Quedamos á vosa disposición como sempre para calquera dúbida.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

               TINGUIMOS A NOSA PÁXINA DE AZUL!

                  2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

POLO ACCESO Á EDUCACIÓN E AO EMPREGO DAS PERSOAS CON TRASTORNOS DO ESPECTRO DO AUTISMO.

 

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor