Iniciar sesión: Acceso

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, data establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Os esforzos céntranse na necesidade de motivar ás persoas no coidado e respeto da nosa contorna.

O tema para este ano 2020, é a BIODIVERSIDADE. A conservación da variedade de seres vivos no noso planeta é un gran motivo de preocupación a nivel medioambiental en todos os países do mundo.

A BIODIVERSIDADE é a base de toda a vida na TERRA e sen ela, a saúde humana queda comprometida. A auga limpa, os alimentos nutritivos e saudables, todo elo depende do noso coidado e respeto ao medio ambiente.

Cada ano, un país convértese en anfitrión do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. España foino no 2004 co lema: ¡Se buscan! Mares y océanos - ¿Vivos o muertos?

Este ano, o anfitrión é Colombia, co apoio de Alemania. O seu vídeo de presentación é o seguinte:

Para festexar este día, propoñémosvos unha serie de enlaces con actividades, xogos, vídeos, manualidades e retos para a casa, que irán sumándose ao longo da semana.

Comezamos cunha serie de curtametraxes que nos axudarán a tomar conciencia sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente. Clicade na imaxe.

E con algunhas actividades que podemos facer en familia: 10 actividades para celebrar o Día do Medio Ambiente 

 

https://www.guiadelnino.com/educacion/aprender-a-cuidar-el-planeta/10-actividades-para-celebrar-el-dia-mundial-del-medio-ambiente 

 Seguimos con propostas, neste caso cunha canción para os máis pequenos: Reducir, Reutilizar, Recilar.

 Xogos interactivos para os maiores do cole: Canto sabemos?

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/explorando_cambio_climatico/index.html

 E por último un cómic super divertido con xogos e actividades.

https://www.fundacionmapfre.org/documentacion/publico/i18n/catalogo_imagenes/imagen.cmd?path=1074819&posicion=1

Xogo interactivo do cómic:

http://www.mapfre.es/portal/fundacion/un-gigante-en-la-pandilla/gigante.html 

 

COIDEMOS ENTRE TODOS O NOSO PLANETA! 

 

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor