Iniciar sesión: Acceso

CÓMO CONTACTAR CO CENTRO

Queridas familias, 

Para calquera consulta ou xestión de carácter urxente,

podedes chamar ó número  de teléfono do centro:

982 870092

ou a través do correo eléctrónico

ceip.baamonde@edu.xunta.es

SIMULACRO DE INCENDIO

Álbum: FOTOS CURSO 2020-2021 -> Simulacro de incendio

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe día 8 de marzo celebramos no colexio o Día Internacional da Muller.

Para iso fixemos unha videochamada na que colaboraron algunhas nais do colexio para falarnos das súas profesións e dos seus traballos.

Moitas grazas.

Álbum: FOTOS CURSO 2020-2021 -> Día Internacional da Muller - 8 de marzo

FESTIVAL DE NADAL

Deixámosvos a continuación o vídeo do festival:


A MAXIA DE COCIÑAR XUNTOS!

Na xornada de onte, o cociñeiro Adrián guiounos para facer uns ricos bombóns.

Sen dúbida unha experiencia divertida!

FELICITACIÓN DE NADAL

Os alumn@s de Infantil felicítanvos o Nadal.

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR

Informámosvos que o novo contrato de transporte que atende ao noso centro, supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado.

A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación para o noso centro educativo é UTE XG-833, dentro do contrato de concesión XG833; termos municipais de Begonte e Guitiriz. 

O NOSO TRABALLO PREMIADO

Queridas familias, 

Temos a inmesa alegría de contarvos que recibimos un PREMIO ACCÉSIT polo podcast que fixemos o curso pasado co alumnado de 6º curso chamado "Na verea da igualdade" para o II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Sen dúbida un recoñecemento ao traballo e implicación do noso alumnado durante o confinamento. Parabéns para eles!!

Nos próximos días deberemos recoller o premio en Santiago!

Deixamos de novo o podcast para que o escoitedes! 

http://www.arraianos.com/index.php/proxectos-singulares-de-arraianos-produccions/o-vello-dos-contos-arraianos.

 

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor