Benvidos

 

 

Camiño do Foxo Vello, 7
36419 Cela-Mos (Pontevedra)
Telf/Fax: 886 110353
ceip.atin.cela@edu.xunta.es

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Celebrarase a Xornada de Portas Abertas o día 23 de febreiro coas seguintes condicións determinadas pola situación de alerta sanitaria: 

 

  • As familias que desexen visitar o Centro,  deben avisar con antelación concertando a visita por teléfono (886110350/53) entre as 09:30 e as 11:00h. Doutra forma non poderán acudir á visita. 
  • So poderá acudir unha persoa por familia e non poderán asistir menores.
  • A reunión celebrarase ao aire libre no patio cuberto coas medidas hixiénicas habituais: máscaras, hidroxel e distancia social.
  • A visita ás instalacións farase en pequenos grupos (seguindo as indicacións que no momento poidan dar as autoridades sanitarias) e durará o menor tempo posible.
  • Podedes ampliar a información sobre o centro premendo na seguinte imaxe:

 

 

Información ANPA

Estimadas familias:

A ANPA do Centro pon a vosa disposición o seguinte:

1. Instrucións para a inscricións na ANPA do Centro.

2. Listado de establecementos comercias onde os socios poden compra con desconto

3. Folla de inscrición nas Actividades Extraescolares

4. Folla de inscrición na Aula Madruga

Podedes descargar os impresos nos enlaces, cumprimentalos e envialos escaneados ou fotografados a seguinte dirección de correo electrónico: info@imaxina.net

En caso de dúbidas podedes contactar cos teléfonos que figuran nas diversas follas.

Un saúdo

LIBROS DE TEXTO 20-21

 

Premendo na imaxe pódese acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021:

 

 

 

Aviso importante ás familias e alumnado

Estimadas familias:

Saíu publicada o acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión. O prazo de presentación de solicitudes será do 11 ao 18 de maio. Premede na imaxe para máis información: 

 

Instrucións da Consellería de Educación sobre a resolución do 3º Trimestre en EI e EP

 

 Na biblioteca do Centro podedes atopar contidos moi interesantes.

Entrade na Biblio aquí!!!

 

A Aula Virtual xa está en funcionamento.(Indicacións)

Entrade nela aquí.

 CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE O TRABALLO E AVALIACIÓN NO 3º TRIMESTRE

Información inicio do 3º Trimestre

Notas da 2ª Avaliación e final de trimestre

CIRCULAR FIN DE 2º TRIMESTRE

Ata o 27 de abril, teredes acceso as diversa tarefas de cada especialidade e Cursos de Primaría e infantil nos seguinte enlace, na columna esquerda da páxina, posteriormente estarán na Aula Virtual:

Especialistas:

En cada enlace aparecen as tarefas a levar a termo e o correo electrónico do mestre/a que imparte a materia a fin de que poidades contactalo/a.

Tamén podedes atopar no Departamento de Orientación propostas de traballo para todos e todas:

E para o alumnado de 3º a 6º que asisten ao Programa Refórza-T, o profe Óscar, vai deixando no seu espazo interesantes misións.... Atrévete con elas!

Continuaremos estando en contacto con todos vos a través de Abalar e/ou correo electrónico. Recordade que o de dirección é: ceip.atin.cela@edu.xunta.es

Un saúdo e moito ánimo

Dirección

Festival de Nadal 2019

 

Con gran éxito celebramos  o Festival de Nadal 2019

Aproveitamos para desexarvos un feliz Nadal e un fenomenal  2020

Regresaremos con ánimos renovados o día 8 de xaneiro.

Un saúdo enorme de parte de todo o profesorado

 

Charla sobre nutrición dirixida ás familias

Onte, martes, 12, a nutricionista Cristina Pousa impartiu unha charla no centro dirixida ás familias do noso alumnado.

O principal a destacar é:

  • ·         Debemos evitar o consumo de alimentos ultraprocesados: lácteos bebibles, batidos, zumes, galletas de calquera tipo…
  • ·         Reducir ao máximo o consumo de azúcar e aqueles alimentos que o leven engadido en calquera das súas formas.
  • ·         Aumentar o consumo de verduras e froitas

Ademáis, na liña que estamos impulsado dende o Centro; "Zero Waste":

  •  ·         Evitemos utilizar plástico e/ou papel de aluminio para envolver os almorzos dos nos@s fill@s. Usemos, por favor, papel de cociña e/ou “tuppers”

 En datas vindeiras esperamos que se leven a cabo outras charlas sobre o mesmo tema.

Charla “O monte é vida” para o alumnado

Dous membros Distrito forestal Vigo-Baixo Miño -o martes, 12- deron unha charla no Centro: “O monte é vida” na que se revisou a importancia da natureza que nos envolta e a terrible repercusión que para ela teñen os incendios. Búscamos impulsar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, fomentando o respecto pola natureza.

MAGOSTO 2019

O pasado venres 8 de novembro celebramos O Magosto no cole, e pasámolo moi ben!

Festival das Letras Galegas 2019

Presentación a cargo de alumnas de 6º EP

Lembranza de Antonio Fraguas a cargo de 6º EP

Infantil 3 anos "As mans"

Infantil 4 anos "Nadarín"

Infantil 5anos "Glu, glu, glu"

1º EP "Se chove"

2º  EP "Meu o mundo é"

3º EP "Dime que fixeches"

4º EP "Os maios"

5º A "O rabaño"

5ºB EP "Carabuñas"

5º e 6º EP Himno

Distribuir contido