Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces
No colexio... xa estamos de entroido!
Aínda que faltan uns días para as datas grandes do Entroido (20, 21 e 22 de febreiro), cando o alumnado estará de vacacións e poderá disfrazarse e disfrutar das comparsas, no colexio xa estamos quentando o ambiente.
Por iso este xoves, 9 de febreiro, e o venres, día 10, comezamos celebrando o "Xoves de Compadres" e o "Domingo Fareleiro".
Descarga aquí o Ciclo do Entroido.
Deixamos unhas fotos na galería e... ¡seguiremos, pois queda moito Entroido por diante!
Fotografías realizadas por Antonio Porto.
Rap da Paz
Enviado por admin o Xov, 02/02/2012 - 16:33Na clase de Valores, en 5º A, creamos e gravamos o "Rap da Paz"
0:50 minutes (784.53 KB)
Canción para a Paz
Enviado por admin o Xov, 01/26/2012 - 16:45
Letra
Os tímpanos estoupan
pola gorxa crebada,
ledicia que virá.
Rebenta un alarido
polo monte e o río
camiño cara a Paz.
Toda miña alegría
levanto neste día
meu canto pola Paz.
A Paz en todo o mundo
como un suco profundo
onde floreza o pan.
Os fabricantes das querelas ¡que se marchen!
Endexamais han de volver, endexamais.
Os campesiños, mariñeiros e estudiantes
daranse as mans para loitar pola paz.
Miles de nenos coas campás da esperanza
traen o berro desta nai universal.
HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR!
PARA QUE A GUERRA XA NON VOLVA ENDEXAMAIS.(BIS)
...e o mural coas nosas pegadas visto polos nenos.
2:56 minutes (2.69 MB)
Cantiga do Entroido 2012
Enviado por admin o Mér, 01/25/2012 - 19:56
Ai se suspendo
Pitufos, pitufos.
Así estes me matan.
Ai! se suspendo.
Ai! Ai! non suspendo.
Pitufos, pitufos.
Calquera aproba todo.
Xa desespero.
Se non aprobo morro.
Traio un estoxo con cores
e unha goma para borrar.
Na cabeza teño unhas dores,
non sei se poderei aguantar.
Tola, tola.
Así levo a cabeza.
Ai, eu non falo.
Ai, ai, eu non falo.
Axiña, axiña.
O recreo ven axiña.
Ai! chame a un mestre.
Ai! Ai! chame a un mestre.
Eu estudei pola tarde
e non puiden ir a nadar.
Este ano vainos dar a risa,
estes mestres aínda nos han de matar.
Pitufos, pitufos.
Así estes me matan.
Ai! se suspendo.
Ai! Ai! non suspendo.
Pitufos, pitufos.
Calquera aproba todo.
Xa desespero.
Se non aprobo morro.
2:31 minutes (2.31 MB)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »