Skip to Content

Novas

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

O pasado 27 de outubro a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou unha aclaración sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado por motivo de asistir a consulta médica, enfermidades ou indisposicións: "cando unha alumna ou alumno falta a clase por consulta médica, enfermidade ou indisposición será a nai/pai/titor legal quen xustifique documentalmente a falta, non sendo necesaria a presentación dun xustificante médico. O centro soamente solicitará unha xustificación complementaria na caso de que a inasistencia a clase por este motivo se produza de xeito continuado no tempo e para a cal o centro non dispoña de información suficiente que permita a súa xustificación"

 

Poden consultar a publicación completa no documento adxunto.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 16 de xaneiro de 2022 e ata o 6 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2023/204.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

Distribuir contido


by Dr. Radut