Skip to Content
Balea s/n O Grove (Pontevedra) CP:36988 Tfno: 886 151 972 ceip.asbizocas@edu.xunta.es

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

O prazo de admisión do novo alumnado para o vindeiro curso 23/24 será do 1 ao 20 de marzo.

A presentación de solicitudes poderase realizar no centro, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia admisionalumnado (xunta.gal)

 Documentación a presentar:

  • Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden cubrilo e entregalo no centro, premendo no seguinte enlace: (Anexo II: Solicitude de Admisión). En caso de presentarse a solicitude por Sede Electrónica está dispoñible na aplicación admisionalumnado (xunta.gal) Para iso e necesario dispor de Chave365 ou certificado dixital. 

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou do libro de familia).

  • Copia do DNI da persoa solicitante e os membros computables da unidade familiar (no caso de denegar a súa consulta na solicitude).

  • Volante histórico de convivencia.

  • Certificado de matrícula do curso actual (agás 4º E. Infantil).

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Documento acreditativo do alumno/a con necesidades educativas, se é o caso.
Débese ter en conta o seguinte:
  • É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas a solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe adxuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelo anexo II-bis).
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • O centro adscrito ao CEIP As Bizocas é o IES As Bizocas.

  • Os servizos complementarios cos que conta o centro son: Comedor Escolar e Transporte Escolar.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro 886 151 972, ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.gal.

Consulta:

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:

  • Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións: 5 días hábiles contados a partir da data de publicación).
  • Listaxes definitivas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño de 2022.

Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero

Orde do 21 de outrubro de 2022

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

E. INFANTIL 3 ANOS

12 + 3 NEAE*

E. INFANTIL 4 ANOS

15

E. INFANTIL 5 ANOS

10

1º E. PRIMARIA

15+3 NEAE *

2º E. PRIMARIA

15

3º E. PRIMARIA

14

4º E. PRIMARIA

12

5º E. PRIMARIA

14

6º E. PRIMARIA

12

 *Postos reservados para alumando con necesidade específica de apoio educativo. En caso de non cubrirse pasarán a formar parte das vacantes ordinarias.

AREA DE INFLUENCIA DO CENTRO DO CEIP AS BIZOCAS

Bizocas

Moreiras

Gandariña

A Costa

Reboredo

Balea

San Vicente do Mar

Outeiro

Pedras Negras

Arrouxelo

Area

Os Campos

Carrascal

As Baladas

O Altiño

Atlántida

 

VIDEOCONFERENCIA BUQUE HESPÉRIDES

Mércores 22 de marzo de 2023

Hoxe tiñamos a posibilidade de conectar coa tripulación do Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) Hespérides, un buque de investigación con base en Cartagena (Murcia) que actualmente se encontra na ANTÁRTIDA.

Por poblemas loxísticos non foi posible facer a videoconferencia. Agardamos poder levala a cabo noutra ocasión!

Premendo nas seguintes fotografías podedes coñecer un pouco máis da súa historia.

ODS relacionados:

n.º 13: "Acción polo clima"

n.º 14: "Vida submarina"

n.º 15: "Vida de ecosistemas terrestres"

n.º 4: "Educación de calidade"

 

CHARLA EMOCIÓNS

Venres 17 de marzo de 2023

Os nenos e nenas de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria participaron nunha charla sobre as emocións.

Expresaron con que adxectivo se identifican, as súas fortalezas e debilidades, que cousas fan que estean felices, tristes, sorprendidos..., escribiron con que e con quen están agradecidos e descubriron o bote da calma. Para rematar viron tres curtas relacionadas co esforzo e con buscar axuda ante situacións que o precisen.

ODS relacionados:

n.º 3: "Saúde e benestar"

n.º 4: "Educación de calidade"

Unha actividade moi interesante e proveitosa!!!

 

OBRADOIRO "MULLERES CIENTÍFICAS"

Mércores 15 de marzo de 2023

Un ano máis confiamos na empresa Ciencia en movemento para desenvolver un obradoiro denominado "Mulleres científicas", que achega de forma práctica e divertida a figura de diferentes mulleres que tiveron un papel moi importante no ámbito científico.

Os experimentos encantáronnos! E ao rematar regaláronnos pegatinas!

En breve, máis fotos.

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR 2022/2023

 

Xoves 9 de marzo de 2023

En 5.º e 6.º de Primaria continúan as charlas enmarcadas no Plan Director, esta vez coa temática...

SEGURIDADE NA REDE

 

PATIOS ACTIVOS

       Seguimos cos patios activos! Propoñendo actividades para que os patios sexan máis inclusivos e participativos para todos e todas.

PATIOS ACTIVOS

ENCONTROS INTERCENTROS XOGADE

    O pasado martes 28 e o xoves día 2 de marzo participamos nos encontros multideporte no CEIP de Meaño e no Colexio Abrente respectivamente. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desprazouse a estes centros para realizar unha xornada chea de actividades deportivas e diversión.

    A participación nestes encontros nos permite aprender valores moi importantes para a nosa vida: compañeirismo, solidariedade, esforzo, respecto, etc.

Pasámolo moi ben! Moitas grazas aos centros anfitrións!

ENCONTROS INTERCENTROS XOGADE

NOVAS DA BIBLIOTECA: MARZO 2023!!!

marzo 2023

Estas son as novas máis importantes da biblioteca do mes de marzo.

Premede nos enlaces para acceder:

- Día de Rosalía de Castro nas Bizocas.

- Retirada residuos na praia.

- 1.ª fase do proxecto 22/23.

- 8M

- Semana da prensa.

 

8M 2022/2023

Mércores 8 de marzo de 2023

Con motivo da celebración do 8M, "Día Internacional da muller", estivemos a realizar varias actividades no centro.

Comezamos elaborando un mural cheo de cor sobre Frida Khalo. Contamos coa colaboración das familias para facer as flores.

Moita grazas pola colaboración! Quedou precioso!

Podedes velo na entrada do colexio, ao lado de Conserxaría.

Tamén investigamos en cada clase sobre mulleres pioneiras en desenvolver diferentes profesións: médica, bombeira, aviadora... Conseguimos moita información.

Ademais, os nenos e nenas voluntarios/as da biblioteca repartiron pins do 8M empregando no deseño a ruleta dos ODS.

ODS relacionados:

- número 5: "Igualdade de xénero"

- número 10 "Redución das desigualdades"

 

SAÍDA AO TEATRO "NAUTILUS"

Luns 27 de febreiro de 2023

Os nenos/as de 3.º e 4.º de Primaria dirixíronse ao auditorio Afundación de Pontevedra para asistir á obra de teatro "Nautilus", gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola súa ‘sensibilización medioambiental’. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaje submarino” cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, do noso planeta.

Como vedes está moi relacionado co noso proxecto de centro "SOS-ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut