FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA DO COMEDOR ESCOLAR
O Comedor Escolar é un servizo dependente da ANPA (Asociación de nais e pais de alumn@s).
A ANPA oferta, organiza e xestiona na súa totalidade o servizo contratando unha empresa externa para a elaboración dos menús e o subministro dos mesmos, así como de todo o material necesario para levar a cabo o servizo.
O Comedor Escolar contribuirá ó proceso de formación integral de todo@s @s alumn@s creando hábitos sans de alimentación, hixiene e boas maneiras na mesa, fomentando a colaboración e boas relacións entre @s compañeir@s e persoal de comedor, respectando os materiais e os espazos e cumprindo as normas e suxerencias do persoal.