Día da Paz
25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
UN ANO MÁIS XUNTÁMONOS PARA CONMEMORAR O 25 N, O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. ESTE ANO O TRABALLAMOS A TRAVÉS DA CANCIÓN DE ROZALÉN "UNA PUERTA VIOLETA". UNHA PORTA QUE ESTIVO PECHADA E QUE SE ABRIU O 25 N!! CHEO DE MENSAXES E DE PEIXIÑOS.
CADA NENO E NENA DO COLE COLOCOU UN PEIXIÑO NO BARCO CON MENSAXES OU SIMPLEMENTE DEBUXOS.
EVIDENTEMENTE, OS COMPAÑEIROS DE 6º FORON OS ENCARGADOS DE LER O MANIFESTO.
NO SEGUINTE VIDEO PODERES VER A XABI E A JULI LENDO O MANIFESTO:
UNHA XORNADA PARA CONCIENCIAR A TODOS OS NENOS E NENAS DESTA LACRA PRESENTE NA NOSA SOCIEDADE.
UN DÍA PARA CONCIENCIAR AOS NOSO NENOS E NENAS.
Día da paz 2019
Este ano para conmemorar o día da paz traballamos unha canción de Macaco titulada "Somos una marea de gente" e para conciednciar aos alumnos fixemos unha marea de xente con bonecos de papel polo cole, todos diferentes pero remando ao mesmo compás.
E preparamos unha sinxela coreografía para a canción que representamos no patio cuberto de infantil.
Nada máis rematar a canción, espontáneamente, abrazos, abrazossss
Recursos para traballar o Día Internacional da Paz
O vindeiro día 30, celebraremos o Día Internacional da Paz.
Deixámosvos varios recursos para ir preparando a celebración.
Xogo para valorar e escoller a mellor opción que nos permita mellorar a convivencia entre iguais.
Mulleres pola Paz
Cuento: El valor de la amistad
Cuento: La gran pelea
Symbaloo: Recursos para nenos
Symbaloo: Recursos para profesorado
Así celebramos o Día da Paz
Aqui vos deixamos o resumo das distintas actividades que fixemos para celebrar o Día da Paz.
Pincha na imaxe para velas.
VISITOUNOS SUSA HERRERA!
Hoxe tivemos o privilexio de escoitar, en vivo e en directo, as cancións do novo disco de Susa Herrera " En Cabárceno se sigue cantando"
Para ver unha pequena mostra da actuación, pincha na imaxe
O DÍA DA PAZ 2014!!
Este ano para celebrar o día da pez fixemos unha recollida de alimentos, superando con creces os kilos do ano pasado. Cada aula encargouse dunha recollida específica: productos de hixiene, conservas, almorzos, etc
Ademáis aprendemos e traballamos a canción do "Canto del loco" "¿Por qué no ser amigos?".
Conto: A pomba Mari Paz
A semana pasada, os nen@s de terceiro, estivemos traballando o conto "A pomba Mari Paz" Gustounos moito. Querémolo compartir con vos.