Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

CONVIVE-T

INICIAMONOS NA CORRESPONDENCIA ESCOLAR

O alumnado de 1º de E.P. iniciouse na actividade de “Correspondencia escolar” organizada polo EDLG. Nela  cada equipo cooperativo de 1º de E.P. escribiulle unha carta aos equipos de 4º de E.P. coa finalidade de coñecerse e intercambiar experiencias.

Por desgraza durante este curso non puidemos realizar actividades conxuntas de carácter presencial, pero iso non quere dicir que non sei poidan atopar outros medios. E sen dúbida atopamos a forma.

 

A continuación poden observar unha pequena do marabilloso proceso:

 

Con agarimo,

 

O EDLG.

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O Acoso Escolar é un fenómeno que afecta a vida escolar, familiar e social das vítimas, é por isto que é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e da sociedade en xeral.

A loita contra él pasa polo tratamento de tódalas partes implicadas, vítima, acosador/a e observadores/as. pero sobretodo por unha combinación de 

 CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
 

Aquí vos deixamos algúns recursos para reflexionar:

 

"Orellas de Bolboreta" fai fincapé na mellora da autoestima da victima

 

"L.O.U." nos fai pensar na outra cara da moeda, e nos presenta a perspectiva dun acosador moi pouco empático.

 

Para rematar vos deixamos un rap especialmente adicado a tódolos observadores...

Distribuir contido


by Dr. Radut