Skip to Content

6º Educación Primaria

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.MANZANEDA .XUÑO 2024

O alumnado de 6º de E.Primaria remata a súa etapa. Parece que foi onte cando a maior parte deles chegaban ó Centro con 3 aniños...Pois xa remataron 6º!!! Para despedilos, organizouse unha excursión na estación invernal de Manzaneda (Ourense).

Foron tres días moi intensos e cargados de actividades variadas: tiro con arco, rocódromo, parque multiaventuras, piscina, velada e...discoteca!!!

Todo moi ben organizado para que puidesen desfrutar.

Agradecemento especial á Tania e Jorge, profes acompañantes. E felicitacións a todo o alumnado por un comportamento impecable.

Aquí queda unha pequena reseña de imaxes:

DESPEDIDA 6º CURSO

Xa chegou o momento de que os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria, abandonen o centro escolar onde tantos anos estiveron formándose e educándose a gran maioría.  Para elas e eles é o final dunha etapa e o comezo doutra nova, a E.Secundaria que lles crea certa incerteza, pero para a cal están preparadas e preparados . 

Despedímolos desexándolle un camiño cheo de éxitos e que cada unha/un deles chegue á meta que se propoña. 

ATA SEMPRE!!!

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA 5º E 6º SOBRE INTERNET

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º recibiu unha interesántísima charla da Garda Civil para tratar estes temas:

Como é un tema que lles interesa moito, estiveron moi interesad@s e ben atent@s  

A Garda Civil que lles falaba empezou dándolles CONSELLOS para protexer a identidade: evitar subir á internet informacións con datos seus, con fotos comprometidas, desconfiar de persoas descoñecidas, poñer contraseñas seguras...porque quixo deixar claro que ...

Desglosoulles tamén as AMENAZAS DE INTERNET: xogos de rol con chat moi violentos, acoso escolar ou ciberbulling, retos virales...Faloulles de xogos ós que xogaban habitualmente e non eran para a súa idade.

Tamén foi clara nas RESPONSABILIDADES e castigos para determinadas accións.

Dende o Centro agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral das nosas nenas e nenos.

DESPEDIDA DOS NOSOS NENOS E NENAS DE SEXTO

E xa para rematar temos que despedirnos dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto, os maiores  do cole!! Desexámosvos moita sorte e que saibades que na Sangriña tedes sempre as portas abertas xa que todos e cada un de vos formades parte desta gran familia da que nos sentimos moi orgullosos!!!!

Moita sorte nesta nova etapa e aquí vos deixo as fotos do último día do cole no Camping Santa Tecla:

 

 

I EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO” (2º TRIMESTRE)

Neste caso, a segunda edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 6º Educación Primaria.  

Nela debaten sobre un tema moi importante para a nosa sociedade e que nos permite seguir avanzando cara a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Ó mesmo tempo favorece a visibilidade e integra de forma transversal a diversidade afectivo-sexual no noso cole (artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril).

Que orgullosas estamos delas e deles!!

 

Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo.

Con agarimo,

 

O EDLG.

25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

UN ANO MÁIS XUNTÁMONOS PARA CONMEMORAR O 25 N, O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. ESTE ANO O TRABALLAMOS A TRAVÉS DA CANCIÓN DE ROZALÉN "UNA PUERTA VIOLETA". UNHA PORTA QUE ESTIVO PECHADA E QUE SE ABRIU O 25 N!! CHEO DE MENSAXES E DE PEIXIÑOS.

CADA NENO E NENA DO COLE COLOCOU UN PEIXIÑO NO BARCO CON MENSAXES OU SIMPLEMENTE DEBUXOS.

 EVIDENTEMENTE, OS COMPAÑEIROS DE 6º FORON OS ENCARGADOS DE LER O MANIFESTO.

NO SEGUINTE VIDEO PODERES VER A XABI E A JULI LENDO O MANIFESTO:

 

 

UNHA XORNADA PARA CONCIENCIAR A TODOS OS NENOS E NENAS DESTA LACRA PRESENTE NA NOSA SOCIEDADE.

UN DÍA PARA CONCIENCIAR AOS NOSO NENOS E NENAS.

I EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO”

I EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO”

O EDLG é consciente da importancia de fomentar un espírito crítico por parte das nosas nenas e nenos. Por iso, ao longo de todo o curso desenvolveranse debates que permitan traballar dito aspecto nun contexto controlado e acorde a súa idade.

Neste caso, a primeira edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 6º e 5º de Educación Primaria.

Sen máis, animámolas a visualizar ambos debates!!

Con moito agarimo.

O EDLG.

 

O SAMAIN!

O DÍA 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS A DESTA DO SAMAÍN NO COLE, CUNHA ENTRADA MONSTRUOSA CHEA DE SUSTO E UNHA GRAN FESTA QUE DUROU TODA A MAÑÁ. COMO NON PUIDEMOS DACER A ANDAINA MONSTRUOSA DEBIDO A CHOIVA POIS VIMOS PELIS DE MEDO, TOMAMOS MERENDAS MONSTRUOSAS E TIVEMOS SESIÓN DISCOTECA. AQUÍ VOS DEIXO AS DOTIÑOS DALGÚNS GRUPIÑOS:

CELEBRAMOS O DÍA DOS OCÉANOS LIMPANDO A PRAIA

Este ano, por iniciativa dos nosos compañeiros de 6º de primaria, quixemos celebrar o DÍA DOS OCÉANOS dun xeito diferente e colaborativo limpando a praia, desde o Puntal hasta o Muíño.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que nos fixemos máis consciente se cabe, da importancia de reciclar e non tirar nada fora do seu lugar.                                                                                                                                

RECORDAAAAA

RECICLA, NON TIRES BASURA A TÚA VIDA  E DOS ANIMAIS VAI NELOOOOOO

Distribuir contido


by Dr. Radut