Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

4º Educación Primaria

HOMENAXEANDO A ROSALÍA

Un ano máis chegan ás homenaxes á nosa poetisa máis universal para conmemorar o seu día. Dende o Concello da Guarda chega esta fermosa actividade para o alumnado de 4º de primaria.
Desfrutaron moito con Irene Silva e Fátima Granja coa actividade Poesía Cantareira na que  traballaron a obra de Rosalía de Castro a ritmo de rap, rock e tamén musica tradicional.

De fondo vemos  o  deseño orixinal Rosalía Total feito por Irene Silva.

Aquí deixamos imaxes e vídeos:

  

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º E 5º

Hai  25 anos  nacía o programa VOZ NATURA  co obxectivo de fomentar a defensa do medio ambiente de Galicia desde as aulas.O noso Centro leva varios cursos participando nas distintas actividades programadas.

Os colexios guardeses A Sangriña e As Solanas foron os primeiros de Galicia en participar nas accións especiais que conmemoran o 25 aniversario de Voz Natura.

Nesta ocasión, a acción dos centros escolares da Guarda desenvolveuse no primeiro dos cinco tramos do Camiño Portugués da costa que realizarán os colexios durante este curso e que lles levará a pasarse a testemuña duns a outros.

 Comezou o noso tramo de camiño no Centro coa foto de partida do alumnado de 4º e 5º ...

...collendo a testemuña da man da mestra responsable de Voz Natura, Lucía Lima.

 

Na praia retomaron forzas despois da camiñata...

Entregaron a testemuña ó Centro das Solanas:

E rematou a xornada coa fotaza final dos dous Centros xuntos.

 

Para rematar, aquí deixamos o enlace á noticia  no xornal "La voz de Galicia" onde se pode ler ademáis o traballo ambiental desenvolto nos dous cursos anteriores no noso Cole. 

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-2309-La-25%C2%AA-edici%C3%B3n-de-Voz-Natura-arranca-con-dos-colegios-de-A-Guarda&idioma=Galego

A RADIO DA SANGRIÑA!!

O noso Departamento de Orientación solicitou ao CFR unha radio para o cole para poder disfrutar deste medio duante uns días. Por agora tiveron a experiencia  de ser locutores na radio do cole durante unas horas o alumnado de 4º de primaria e de 5 anos. Pasárono xenial!! Seguramente outros cursos achegaranse pola radio nestes últimos dias de cole!!

 

Unha experiencia que non olvidarán!!

Gracias profe Sergio!!!

“DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN”

Queridas familias:

O día 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

No noso centro quixemos facer a nosa achega e, por iso, 4º de Primaria preparou un traballo partindo da historia de Pepita, a protagonista do conto “Pepita es especial” de Fabiola Arroyo e Irene G. Lenguas.

A continuación tedes o vídeo co marabilloso resultado deste traballo. Parabéns mestras, nenas e nenos!

 

Como acabades de escoitar, gustaríanos que o luns 22 cada nena e neno veña á escola con calcetíns desparellados, pequeno acto simbólico que se  fai dende hai uns anos para conmemorar este día.  No enlace da Federación Síndrome de Down Galicia, que tedes a continuación, podedes ler a explicación de como naceu esta iniciativa.

 

https://downgalicia.org/es/2020/03/18/calcetines-desparejados-para-conmemorar-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/

CONVIVIMOS EN PAZ E IGUALDADE

As nenas e os nenos de 1º,2º,3º e 4º de EP na materia de relixión quixeron plasmar nun autorretrato,  un traballo sobre a convivencia en PAZ E IGUALDADE.

 

Conste que hai algún instruso polo medio que aínda se sente coma un neno!!!

 

IMPRESIONANTE!!! LAND ART SANGRIÑA!!

GRAZAS A TODAS E A TODOS POR ENVIAR ESTAS FERMOSAS OBRAS DE ARTE!!! SEN DÚBIDA SODES UNS ARTISTAS XA QUE DENDE AS VOSAS CASAS, DENDE A PRAIA OU DENDE CALQUEIRA LUGAR PODEDES FACER ESTAS MARABILLOSAS  MANDALAS!! NORABOA A TODAS E E A TODOS!!

 

ESPERO QUE VOS GUSTE ESTE VÍDEO:

 

UNHA APERTA VIRTUAL

RECOLLIDA DE PILAS NO CENTRO!!

ESTE ANO PARTICIPAMOS NO CONCURSO PILABOT: CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES ELÉCTRICOS!!

 

UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA MOI ESPECIAL!!

QUE NO NOSO PABILLÓN XOGUE UN EQUIPO DE PRIMEIRA DIVISIÓN É TODA UNHA HONRA PARA NÓS PERO MÁIS PARA OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA QUE CANDO ENTRARON NO PABILLÓN PARA A SÚA CLASE DOS VENRES ATOPARÓN UNHA NOVA PISTA VERDE, CON PANTALLAS POLOS LATERAIS, BRILLANTE E ESPECTACULAR!!

O PARTIDO DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS CONTRA O ROCASA ÍASE RETRANSMITIR EN DIRECTO POR ISO ESTABAN OS TÉCNICOS DE TELEDEPORTE INSTALANDO A PISTA E GRAZAS AA ISO OS NENOS E AS NENAS DISFRUTARON DAQUEL CAMPO COMA SE FOSEN GRANDES ESTRELAS.

MIRADE QUE CARAS DE ILUSIÓN!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut