PT

PARA ENREDAR : QUE TEÑO NA CABEZA?

Que teño na cabeza?

Este xogo ven sendo unha copia caseira do xogo Headband.

Podemos facer as diademas co que teñamos pola casa: gomaeva ou con diademas vella.

Outra opción máis sinxela é coller papel adhesivo (como os post-it) e lapis de cores.

Podemos empezar a adivinar personaxes famosos, pero pode ser calquera tema: deportes, obxectos da casa, alimentos…

 Primeiro debuxámolos ou poñemos e poñemos o nome, sen que o resto dos xogadores vexa o que debuxamos.

Colócanse un enfrente ao outro e o que leva o debuxo na frente ten que adivinar.

Só podemos respostar SI ou NON.

Seguro que pasades un tempo entretidos!

PARA ENREDAR: PUZZLES

Dende o Departamento de Orientación tamén pensamos en vos!

Lanzamos esta nova sección chamada "PARA ENREDAR" na que iremos actualizando contido lúdico.

Comezamos con algúns PUZZLES ONLINE!

Powered by Drupal - Design by artinet