Skip to Content

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS VISITAN O INSTITUTO!!

Versión para imprimir

O martes 26 de novembro as nenas e os nenos de 4 anos foron de excursión ao instituto da Guarda xa que nel traballan dúas das nais dos  nosos compañeiros de aula. Foi un día moi especial e diferente, sobre todo para Paco e Inés xa que puideron ver todo o que se fae no instituto das súas mamás: coñecemos como estudan e traballan os alumnos de automoción, tivemos unha pequena clase de química e de xeoloxía e disfrutamos de dous preciosos contos da man de Carmen e de Paula; e, para rematar na biblioteca,  grazas ao profe de Música (Arturo) e a unha alumna do instituto Dafne, poidemos escoitalos ca guitarra e co piano como nos tocaban a canción de "El monstruo de los colores", "Samba Lele" e a Pantera Rosa.

E para rematar unha gran merenda na cafetería: chocolate con biscoito. Un día  moi especial!! grazas a Carmen, a Paula e a todo o profesorado e persoal do instituto, por esa xornada tan especial que nos fixestes pasar!!

 



page | by Dr. Radut