BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
OBRADOIRO DE RECOLLEITA DE PALABRAS, CURSO 2018-19!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña leva varios anos pescudando sobre termos da nosa contorna que desapareceron ou están a piques de facelo. Xa que non debemos rexeitar a nosa riqueza lingüística.
Deste xeito, durante o curso académico 2018/2019 desenvolveuse un obradoiro que permitiu traballar con ditos termos e elaborar pequenos textos sinxelos. Por iso, chegou o momento de mostrar á comunidade educativa o marabilloso resultado!!!
Pero antes, dende o EDLG gustaríamos agradecer a participación de todo o alumnado, posto que coa súa ilusión e creatividade reforzan a nosa labor!!!
Cabe sinalar que nesta última fase non puideron participar todas/os alumnas/os que colaboraron xa que non se atopan no cole como consecuencia de rematar esta etapa educativa. Non obstante, témolas/os moi presentes!!!
Con moito agarimo,
EDLG.