Skip to Content

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2022

Versión para imprimir

Había gañas de ver ás nosas nenas e nenos todos xuntxs nunha actuación!!!

Así que...alá fomos, en ringleira enchendo de cor e alegría as rúas da Vila polas que iamos pasando. Colocados de peques a maiores, emprendemos a marcha ata o auditorio de San Bento.Un agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargadxs de axudar a baixar e subir á rapazada de 3 e 4 anos, dándolles ánimos, conversa e non soltándoos da man.

Xa coas nenas e nenos colocados nas gradas, atentísimxs ás indicacións da profe Rosa, comezou o concerto: "O cuco cantou", "O gato", "Collín toxos e flores", "Tireiche unha laranxiña", "Pousa, pousa" e "Bailaches Carolina" foron as cantigas populares que cantaron e acompañaron con percusión.

Para que a música resoara alta e clara mestras e mestres acompañaron con instrumentos a actuación. Grazas especiais a Lucía, a nosa pianista, mami dunha alumna do Centro, sempre disposta e atenta.

Moita afluencia de familias desfrutando e fotografando a actuación. Todo un espectáculo de bo facer que lucíu marabilloso!!!! Parabéns!!!

Aquí deixamos unha pequena mostra de fotos e vídeos. 



page | by Dr. Radut