BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
O día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de documentación que confirma esta data como o día do seu nacemento.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua achégannos o material elaborado por diferentes centros escolares para celebrar este día e déixannos unha prosposta plástica que encherá o Centro con cousiñas da nosa Rosalía da que teredes imaxes claro!!!!
-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c
-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5
-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be
Tamén nos achegan diferentes concursos:
A Real Academia Galega e PuntoGal convidan a toda a comunidade educativa a participar no V Concurso de Microrrelatos que convocan co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As dú as entidades repartirán tres premios en cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en diante).
O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web relatos.gal, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado.
Para celebrar o Día de Rosalía, dende a Deputación de Pontevedra animan a todo o alumnado e centros de primaria da provincia a participar nun concurso de poemas musicados. A intención é que cada aula / grupo de primaria (van especificada as categorías e idades) realicen un poema de Rosalía de Castro musicado, precisarán a axuda dos mestres e mestras, por suposto, tamén para gravalo e envialo.
As instrucións van na carta e estarán colgadas na páxina web www.depo.gal.
Para o envío dos debuxos e calquera dúbida: anosarosalia@depo.gal
AS MIL CARAS DE ROSALÍA