Funcionamento e convivencia do comedor escolar

Versión para imprimir

FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA DO COMEDOR ESCOLAR

  • Descrición do servizo:

O Comedor Escolar é un servizo dependente da ANPA (Asociación de nais e pais de alumn@s).

A ANPA oferta, organiza e xestiona na súa totalidade o servizo contratando unha empresa externa para a elaboración dos menús e o subministro dos mesmos, así como de todo o material necesario para levar a cabo o servizo.

O Comedor Escolar contribuirá ó proceso de formación integral de todo@s @s alumn@s creando hábitos sans de alimentación, hixiene e boas maneiras na mesa, fomentando a colaboración e boas relacións entre @s compañeir@s e persoal de comedor, respectando os materiais e os espazos e cumprindo as normas e suxerencias do persoal.

  • Obxectivos específicos:

•    Para o comedor:

- Desenrolar hábitos de alimentación: comer de todo, mastigar correctamente, non estragar a comida.
- Inculcar hábitos de hixiene persoal: lavado de mans antes e despois de comer, hixiene bucodental diaria.
- Inculcar hábitos de boas maneiras na mesa: posturas, uso correcto das culleres, orde e limpeza na  mesa.
- Fomentar a colaboración e boas relacións entre @s compañeir@s de mesa e persoal de comedor.

•    Para o tempo libre:

- Desenrolar hábitos de convivencia.
- Aprender a utilizar o tempo libre participando nas actividades.
- Observar a tod@s @s nen@s, sobre todo a aqueles que presentan algún problema  físico, psíquico ou de conducta para dinamizar a súa participación.
- Utilizar correctamente os materiais e o espazo.

  • Procedemento:

O comedor escolar comeza o 28 setembro e remata coincidindo co último día do curso, no seguinte horario:

•    COMEDOR: Dende as 13:35 H. ata as 15:30 H.

Para un bo funcionamento do sevizo deberán cumprirse as súas normas de funcionamento estrictamente, para elo se diferenciará entre dous tipos de usuarios, os comensais fixos ou fixos descontinuos e os comensais esporádicos. En calquera dos casos, as familias deberán avisar á xunta directiva da ANPA  con un día de antelación de calquera cambio que se produza na asistencia ó comedor  para elo deben chamar o  teléfono da ANPA. As familias tamén deberán avisar ó titor ou titora d@ alumn@ dos cambios que se produzan.

Ó comezo do curso se porá a disposición das familias un formulario para que se poidan inscribir no servizo, no que deberán cumprimentar todos os datos relativos @ alumn@, curso, idade, teléfono de contacto, alerxias e outras características de interese para o persoal de comedor. Cando se padeza algunha alerxia de tipo alimentario achegarase un certificado médico que a especifique.

  • Prezo do servizo e forma de pago:

O prezo do servizo establecerase cada comezo de curso, coas revisións pertinentes ó longo deste e se informará en Asemblea Xeral.

O prezo dependerá da empresa de Catering e das subvencións concedidas pola Administración.
  • Comensais fixos ou fixos descontinuos: Ó remate de cada mes de servizo enviaráselle á familia a factura especificando o número de comidas e o prezo, un número de conta e un prazo para facer efectivo o pago. Unha vez cumprido o prazo sen ter aboado o importe se lle comunicará mediante aviso de non pagamento outro prazo de sete días para facelo efectivo, do contrario procederase a dar de baixa do servizo @ alumn@.
  • Comensais esporádicos: Deberán comunicar a súa asistencia un día antes de facer uso do servizo e abonalo inmediatamente.

Powered by Drupal - Design by artinet