Skip to Content

PARA ENREDAR: XOGO EN FAMILIA

Versión para imprimir

HOXE VOS PROPOÑEMOS UN XOGO FAMILIAR “ XOGO EN FAMILIA”

O xogo consiste en coller unha tarxeta e representar a imaxe que nela aparece.

O Obxectivo do xogo é que os adversarios adiviñen a palabra. Si a adiviñan gañan a tarxeta.

Se non a adiviña a tarxeta queda no equipo que a explicou.

Gaña o que máis tarxetas consiga.

A representación da imaxe da tarxeta pode facerse en 8 categorías diferentes ( cada carta especifica que

categoría temos que interpretar). Debese avisar os adversarios que categoría imos utilizar antes de

empezar a representar

 

1. MÍMICA

2. DEBUXO

3. SOLO 2 PALABRAS( debese explicar a palabra correspondente a imaxe utilizando só dúas

palabras coas que garde relación)

4. BUSCA OBXECTOS QUE AS SÚAS LETRAS FORMEN A PALABRA (nos referimos a

letra inicial dos obxectos. Por exemplo se a palabra a adiviñar é CASA podemos dicir

obxectos coma Cama-Arbore-Sapo-Avión)

5. 10 SEGUNDOS PARA EXPLICALO

6. ESCRIBE A PALABRA QUITANDO AS VOGAIS

7. TELÉFONO AVARIADO( tense que explicar a palabra falando entrecortado como cando

falamos polo móbil e nos quedamos sen cobertura ou pasamos por unha ponte)

8. EXPLÍCAO CANTANDO EN 5 SEGUNDOS

 



page | by Dr. Radut