As funcións vitais nos animais

AS FUNCIÓNS VITAIS.



Sempre se dixo que o que diferenza á materia inerte dos seres vivos é que os seres vivos, e entre eles os animais, nacen, medran, reprodúcense e morren. Habería que engadir que entre o nacemento e a morte, o que fan basicamente é alimentarse e relacionarse. Desde do punto de vista biolóxico todo isto se pode resumir nas funcións vitais que han de realizar todos os seres vivos:

(Pincha na seguinte táboa para ir coñecendo as distintas funcións)

A Nutrición A Relación
A Reprodución




Os animais aliméntanse doutros seres vivos para obteren nutrientes, e toman osíxeno do seu contorno.
familia comendo

En toda a escala do reino animal, desenvolvéronse diferentes sistemas para conseguir o alimento, estes sistemas foron evolucionando e facéndose máis complexos.

O
exemplo máis desenvolvido é o aparello dixestivo da especie humana.

Os órganos encargados da captura e dixestión dos alimentos son varios, en función da especie: bocas con dentes, peteiros, tubos, tentáculos...

O aparello dixestivo da maioría dos grupos que forma en Reino Animal presenta adaptacións ao tipo de alimentación. Así, no reino animal podemos distinguir:
  • Animais herbívoros: aqueles que se alimentan de especies vexetais.
  • Animais carnívoros: aqueles que se alimentan doutros animais:
  • Animais omnívoros: os que se alimentan tanto de vexetais como de animais:
  • Animais parásitos, viven dentro doutro animal ou na súa superficie, e aliméntanse do seu hóspede, causándolle prexuízos.
Pero ademáis da toma de alimentos, os animais tamén precisan dun aparello respiratorio que lles permita a toma de osíxeno.


o cerebro

Todos os animais necesitan relacionarse coa contorna na que viven e con outros seres vivos. Para iso, todos os animais, a partir dos máis simples ata os máis complexos, desenvolven sistemas que lles permiten desenvolver estas funcións.

Na escala evolutiva, desenvolvéronse os órganos dos sentidos que permitiron e permiten aos animais relacionarse coa súa contorna.

Por exemplo, os insectos desenvolven un sentido da vista rudimentario. Non son ollos como os teus, pero cumpren a mesma función.
O proceso evolutivo culmina co complexo aparello que se encarga de poñernos en comunicación coa nosa contorna, referímonos ao Sistema Nervioso Humano.


A reprodución nos animais é sexual. É necesario que interveñan individuos de dos sexos (masculino e feminino) para que se produza unha fecundación.

En función do tipo de desenvolvemento, este pode ser:

    • Ovíparo: o novo animal desenvólvese dentro dun ovo. Dáse en toda a escala animal agás en mamíferos.
    • Vivíparo: o novo animal desenvólvese dentro do corpo da nai. Dáse nos mamíferos.



A reproducion nos mamiferos


Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16