Xestión de usuarios

Xestión de usuarios

          A xestión de usuarios en moodle é unha tarefa sinxela para a que só se precisa coñecer unhas poucas cousas. Engadir e eliminar usuarios son funcións doadas, despois poden editarse perfiles persoais e tamén simula-la entrada dun alumno para resolver algún problema.

         Para engadir un novo alumno a un curso débense segue-los seguintes pasos:

  1. Facer clic sobre [Alumno] no bloque 'Administración'.
  2. Se seguido Moodle amosará dúas columnas. Na columna da dereita figuran tódolos usuarios rexistrados do sistema (agás os que xa estén dados de alta no curso), é dicir tódalas persoas que teñan unha conta de acceso válida. A columna da esquerda amosa os alumnos do curso, é dicir, tódolos usuarios do sistema que teñen sido dados de alta como alumnos do curso.
  3. Escollar o usuario ó que dar de alta na columna da dereita. pódese escoller directamente da columna ou procuralo mediante a opción [Procurar] situada na parte inferior da pantalla.
  4. Unha vez escollido pulsar a frecha que apunta á esquerda, situada entre ámbalas dúas columnas. O usuario pasa de estar na columna da dereita á da esquerda.

          Do mesmo xeito no que se engaden alumnos a un curso pódense eliminar do mesmo. Para iso teñen que se segue-los pasos anteriores á inversa, é dicir, seleccionando os estudantes que se desexa eliminar na columna da esquerda para pasalos á columna da dereita facendo clic sobre o botón da frecha que apunta nesa dirección.

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16