Crear unha lección

Crear  unha lección

Formulario de configuración de leccións

          Para engadir unha lección ó curso débense segue-lo seguintes pasos:

  • Activa-lo 'Modo Edición'.
  • No despregable [Engadir actividade] escolle-la opción [Lección].
  • Configura-las opcións que se ofrecen:
    • Xeral:
      • Nome. O nome descriptivo da lección.
      • Con límite de tempo. Pode establecerse un límite de tempo para completa-la lección.
      • Límite de tempo en minutos. Tempo do que disporán os alumnos.
      • Número máximo de respostas ou ramificacions por páxina. É o número máximo de posibles repostas para as preguntas de cada páxina.
    • Opcións de cualifiación:
      • Lección de práctica. Se se activa a cualificación obtida non figurará no libro de cualificacións.
      • Puntuación personalizada. Permite dar a cada resposta unha valoración numérica que pode tomar valores positivos ou negativos. Por defecto o valor dunha resposta correcta é un e cero se a resposta é errónea.
      • Cualifiación Máxima. Cualificación máxima ó remata-la lección.
      • O alumno pode repetir. Esta opción determina se os alumnos poden acceder á lección máis dunha vez. Cando ós alumnos se lles permite repeti-la lección, a cualificación rexistrada corresponde ben ó promedio de cualificacións, ben ó mellor dos resultados obtidos.
      • Tratamento das repeticións. Cando se lles permite ós alumnos retomar ou repeti-la lección, esta opción permite ilixi-la clase de cualificación final do alumno, por exemplo, na páxina de cualifícacións. Poden se-la media, a primeira ou a mellor cualifación das obtidas en tódolos intentos ou repeticións da lección

    • Control de fluxo:
      • Permiti-la revisión do estudiante. Permite ó estudiante voltar atrás para troca-las súas respostas.
      • Amosar botón revisar. Despois dunha resposta incorrecta.
      • Número máximo de intentos. Representa o número máximo de intentos dos que un alumno dispón para responder satisfactoriamente unha pregunta. Se o alumno ten dificultades para contestar unha pregunta curta ou numérica pode realizar este número de intentos antes de que lle sexa amosada a seguinte páxina.
      • Acción posterior á resposta correcta. Determina como Moodle responderá despois dunha resposta correcta. Moitas veces o profesor desexará que o sistema amose a páxina seguinte para seguir un ordenamento lóxico. Sen embargo, o módulo Lección pode tamén usarse como se fora unha tarefa a base de tarxetas (flash cards). Amósase (opcionalmente) ó estudiante algunha información e formúlaselle unha pregunta normalmente ó chou. Non hai nin principio nen final establecidos, só un conxunto de fichas que se amosan unhas xunto a outras sen xustificarse un ordenamento particular. Esta opción permite dúas variantes moi similares ó comportamento das tarxetas. A opción 'Ir a unha páxina non vista' nunca amosa dúas veces a mesma páxina. A outra opción, 'Amosar unha páxina non contestada', permite ó estudiante ver páxinas que poder ter aparecido antes, pero só se foi contestada erróneamente á pregunta asociada.
      • Número mínimo de respostas. Cando unha lección contén unhas ou máis estructuras arborescentes, o profesor ten que fixar este parámetro. Este valor determina o número mínimo de preguntas vistas para que se calcule a cualioficación, pero non forza ós estudiantes a que contesten moitas preguntas da lección.
      • Número de páxinas (Flash Cards) a amosar. ESte valor úsase só nas leccións de tipo tarxeta. O seu valor por defecto é cero e significa que tódalas páxinas/tarxeta són amosadas na lección. Cando o valor é distinto de cero amósase ese número de páxinas. Despois de amosar dito número a actividade chega ó seu fin e amósase a cualifación obtida.
    • Formateado da lección:
      • Pase de diapositivas. Permite visualioza-la lección coma unha secuencia de diapositivas no lugar de como unha estructura arborescente. As características das diapositivas configuránse a continuación.
      • Anchura, altura e cor de fondo do pase de diapositivas.
      • Amosar menú á esquerda. Se se habilita a opción 'Pase de diapositivas' pódese poñer á esqeurda un índice de páxinas.
    • Control de acceso:
      • Lección protexida por contrasinal. Pódese restrinxilo acceso á lección mediante o uso dunha clave.
      • Contrasinal. O contrasinal no caso de escoller 'Si' na variable anterior.
      • Dispoñible desde. Data de inicio para a lección.
      • DAta de fin. Data para o peche da lección.
    • Outros:
      • Vista de árbore. ESta opción amosa unha lista das páxinas e preguntas da lección donde as entradas son ligazóns. Facilita a navegación en leccións de moitas páxinas.
      • Amosar mellores puntuacións. Amosa unha lista das mellores cualifacións da lección así coma o nome do estudiante que a obtivo. Tamñen se pode defini-lo número de elas amosadas.
      • Números de puntaciones máis altas para amosar. Número para especificar cantas cualificacións da zona alta amósanse.
      • Utiliza-los axustes desta lección como valores por defecto. Seleccionando 'Si' antes de garda-la lección, os axustes elixidos para esta lección convértense nos valores por defecto a proxima ocasión na que se cree outra lección para o mesmo curso.
      • Eliminar intentos do estudiante para esta lección (id de usuario). escríbese un nome de usuario para eliminar tódolos intentos e cualifacións dese usuario.
      • Visible a estudiantes. Esta opción permítelle ocultar ou facer visible a lección ós estudiantes.
  • Gardar cambios. Unha vez garadados os cambios Moodle amosará o menú que da acceso a diferentes opcións relacionadas coas lección

Menú para engadir novos elementos a unha lección

    • Engadir unha ramificación. Permite crear páxinas que son un conxunto de ligazóns a outras páxinas da lección. Normalmente unha lección comeza cunha estructura arborescente que actúa como táboa de contidos.
    • Importar preguntas. Pódense elixir diferentes formatos dependendo do tipo de preguntas que se desexe, ben sexa de opción múltiple, resposta curta, V/F, emparellamento, numérica, etc. Os formtaos de importación son os dispoñibles no xestor de preguntas.
    • Engadir unha páxina de preguntas. Pódense crear novas preguntas elixindo o tipo.

Selección de exercicio para lección

          Unha vez que unha lección contén dúas ou máis páxinas os profesores poden move-las páxinas existentes e agregalas a calquera posición dentro da lección. Este ordenamento lóxico de páxinas é tamén por defecto o 'Ordenamento de Navegación'. Este último marca a secuencia na que os alumnos ven as páxinas. No ordenamento de navegación por defecto, as respostas correctas amosan a páxina seguinte do mesmo e as respostas incorrectas amosan a mesma páxina outra vez para que o alumno repita a mesma pregunta. É posible cambia-lo ordenamento de navegación ou asociar un salto a calquera resposta errónea podendo crear unha traxectoria máis complexa na lección.

          Os saltos poden ser de dous tipos: relativos e absolutos. A navegación usa por defecto os saltos de 'Esta páxina' e 'Seguinte páxina'. O salto á 'Seguinte páxina' corresponde ó ordenamento lóxico da leccón. Os saltos absolutos especifican a páxina a amosar especificando o título da mesma. Así unha lección pode ter polas, bucles e una estructura non liñal.

          O alumno vai accedendo ás páxinas e contestando as preguntas e pódese cualifica-lo proceso do alumno cando remate a lección.

          O Final dunha lección non é unha páxina real, é unha posición lóxica despois da última páxina do ordenamento lóxico. Os estudiantes rematan unha lección cando chegan a ese punto.

          O profesor pode ve-lo resultado usando a ligazón de 'Revisar navegación'. Dese xeito amósase a lección do mesmo igual ó profesor que ós alumnos. 

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16