Avaliar tarefas enviadas

Avaliar tarefas enviadas

          Pulsando sobre a ligazón á tarefa (o seu nome) na páxina principal do curso, o profesor pode acceder ós diferentes traballos enviados polos seus alumnos para proceder á súa descarga, revisión e avaliación. Para iso, na propia páxina da tarefa o profesor dispón dunha ligazón situada arriba a dereita (ver exemplo na seguinte imaxe parcial dunha páxina de tarefa)

Acceso á revisión de tarefas

          Aparecerá unha grella na que están tódolos membros dun curso. Na quinta columna "Ultima modifiación estudante" podemos ver os traballos entregados e acceder a cada un deles facendo clic sobre o seu nome.

Grella de Avaliación de Tarefas

          Facendo clic en [Cualifiación] na celda da última columna de cada alumno accedemos ó formulario no que establece-la puntuación obtida e intorducir, se queremos, ós comentarios de reforzo. Unha vez posta a cualifiación o botón [Cualifiación] convértese en Actualizar] para sinala-la posibilidade de modificar en calquera momento tanto a nota como ó comentario de reforzo. Na imaxe seguinte pódese ver un exemplo para unha tarefa na que a nota puntuación máxima era 15.

Formulario para Cualificar tarefa

 

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16