¿Que é Moodle?

MoodleLogo

Moodle é un sistema de xestión de cursos de balde (course management system CMS) que axuda ós educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña.

Moodle foi creado por Martin Dougiamas, que era administrador de WebCT na Universidade Tecnolóxica de Curtin. Basouse nas ideas do constructivismo en pedagoxía que afirman que o coñecimento constrúese na mente do estudante en lugar de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou ensinanzas e na aprendizaxe colaborativa. Un profesor que opera desde este punto de vista crea un contorno centrado no estudante que lle axuda a construir ese coñecimiento con base nas súas habilidades e coñecementos propios no sitio de simplemente publicar e transmiti-la información que se considera que os estudantes deben coñecer.

A primeira versión da ferramenta apareceu no 20 de agosto de 2002 e, a partir de alí xurdiron novas versións de xeito regular. Ata decembro de 2006, a base de usuarios rexistrados inclúe máis de 19.000 sitios en todo o mundo e está traducido a máis de 60 linguas. O sitio máis grande asegura ter máis de 170.000 estudantes.

A palabra Moodle era no principio un acrónimo de Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment (Entorno de Aprendizaje Dinámico Orientado a Objetos y Modular), o que ten algún significado para os programadores e teóricos do ensino. Pero tamén refírese ó verbo anglosaxón noodle, que describe o proceso de deambular perguiceiramente a través de algo, e face-las cousas cando se antoxa facelas, unha pracenteira chapuza que moitas veces leva á comprensión e a creatividade. As dúas acepcións aplícanse ó xeito no que se desenvolveu Moodle e á maneira na que un estudante ou profesor podería se aproximar ó estudo ou ensino dun curso en liña.

Características

Moodle ten as características que se espera dunha prataforma de aprendizaxe a distancia, como son:

  • Foros
  • Xestión de contido (recursos)
  • Cuestionarios con distintos tipos de preguntas
  • Blogs
  • Wikis
  • Base de datos de actividades
  • Enquisas
  • Chat
  • Glosarios 
  • Avaliación por pares
  • Soporte de moitas linguas (máis de 60 están soportadas pola interfaz)

A construcción de Moodle é modular e pode ser extendido a través de plugins. A infraestructura de Moodle soporta distintos tipos de plugin:

  • Actividades
  • Tipos de recursos
  • Tipos de preguntas
  • Tipos de datos campo (para a base de datos de actividades)
  • Temas gráficos
  • Métodos de autentificación
  • Métodos de admisión
  • Filtros de contido

A aquitectura sobre a que se edifica Moodle é PHP. Trátase dunha linguaxe moi simple de aprender e pode ser utilizada para o desenvolvemento de novas capacidades e contribuir con novos módulos. O éxito do desenvolvemento de Moodle radica na contribución de moitos programadores de código de balde. Con isto a evolución ten sido moi rápida e os erros arránxanse de conta.

-oOo-

Para acceder a tódala información sobre Moodle fai clic [eiquí].
Para ter acceso a tódolos contidos de Moodle.org é aconsellable se [rexistrar].

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16