Web 2.0, unha realidade que nos afecta a todos.

Web 2.0

O termo Web 2.0 foi acuñado por Tim O'Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos, como as redes sociais, os blogs, os wikis... que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.

O concepto orixinal do contexto, chamado Web 1.0 era páxinas estáticas HTML que non eran actualizadas frecuentemente. O éxito das punto-com dependía de webs máis dinámicas onde os Sistema de xestión de contidos servían páxinas HTML dinámicas creadas ao voo desde unha actualizada base de datos. En ambos os sentidos, o conseguir hits (visitas) e a estética visual eran considerados como uns factores moi importantes.

Os propulsores da aproximación á Web 2.0 cren que o uso da web está orientado á interacción e redes sociais, que poden servir contido que explota os efectos das redes creando ou non webs interactivas e visuais. É dicir, os sitios web 2.0 actúan máis como puntos de encontro, ou webs dependentes de usuarios, que como webs tradicionais.


Mapa


(Meme:É un neoloxismo inventado por Richard Dawkins que se refire á información mínima acumulada na nosa memoria e captada xeralmente por imitación (mimesis), por ensinanza ou por asimilación)

Outro mapa, máis completo pode ser atopado neste enderezo web. Pincha.

Podemos entender como 2.0 -"Todas aquelas utilidades e servizos de Internet que se sustentan nunha base de datos, a cal pode ser modificada polos usuarios do servizo, xa sexa no seu contido (engadindo, cambiando ou borrando información ou asociando datos á información existente), ben na forma de presentalos, ou en contido e forma simultaneamente."- (Ribes, 2007)


web1vs2

Unha imaxe acerca do funcionamento baseándose nesta filosofía:

web1_vs_web2

Comparando ambas tecnoloxías:

Web tradicional
Web 2.0
  • Web estática
  • 1994-2003
  • Rara vez se actualizaban
  • Figura do "Webmaster"
  • Web dinámica, colaborativa
  • 2004 - hoxe
  • En constante evolución e actualización
  • Os usuarios son colaboradores que poden modificar incluso os datos, así como publicar novas informacións.


A etiqueta 2.0 fíxose extraordinariamente popular nos últimos anos. É certo que foi utilizada de xeito abusivo e indiscriminada como produto de mercadotecnia, pois todo o que levase o selo 2.0 axudaba a publicitalo como moderno e tecnolóxicamente avanzado. Pero tamén é certo que a facilidade para aplicar a filosofía e as ferramentas da Web 2.0 en calquera ámbito é unha das razóns do seu éxito. E deste xeito temos empresas 2.0, xornalismo 2.0, bibliotecas 2.0 e... por suposto, educación 2.0.


Tira Ecol

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16