Crear unha tarefa

Crear unha tarefa

          En comparanza con outras ferramentas de Moodle, as tarefas destacan pola sinxeleza na súa creación. Básicamente o profesor ten que crear unha descripción do traballo a desenvolver por parte dos alumnos e estes terán (ou non segundo estableza o profesor) un espazo para subir ó sistema os seus resultados.

Para crear unha tarefa débense segue-los seguintes pasos: 

Configurar Tarefa
  1. Activa-lo modo Edición.
  2. Seleccionar [Tarefa] no menú [Engadir Actividade].
  3. Título da tarefa. Un nome representativo para a tarefa.
  4. Na área de descripción, prantexa-lo enunciado en torno ó que xirará o traballo a desenvolver polos alumnos. Eiquí teñen que ir tódolos datos importantes que o alumno precisa coñecer para desenvolve-la tarefa.
  5. Cualifiación: A puntuación máxima posible.
  6. Dispoñible en: Data de inicio de tarefa. Antes desa data os alumnos non poden acceder ó contido da mesma.
  7. Data límite de entrega. A data na que rematan os envíos.
  8. Impedi-los envíos retrasados. O profesor pode decidir permitir ou non a un alumno o envío de documentos fora da data límite de entrega.
  9. Defini-lo tipo de tarefa. Moodle soporta tres tipos distintos:
    1. "Subir un arquivo". É o tipo máis común. O alumno subirá ó sistema un documento co seu traballo no formato electrónico que se lle pida.
    2. "Actividade offline" (fora-de-liña): O alumno fixo chegar físicamente o traballo o profesor e este require só dun espazo pera avalialo. (A meirande parte das actividades deste curso sobre Moodle son deste tipo. Aínda que eiquí non se entregan físicamente, os titores teñen acceso ós cursos deselvolvidos polos alumnos).
    3. "Texto en liña". O texto que entrega o alumno edítase usando as ferramentas de edición habituais en Moodle.

          Se o profesor elixe a opción "Subir un arquivo", ten que configura-lo tamaño máximo do arquivo a subir e a posibilidade de admitir ou non reenvíos. Un reeenvío supón a sobreescritura de arquivos anteriores. Ademáis pode establecerse o envío de alertas das entregas co que Moodle avisa ós profesores no momento en que hai unha entrega a través do correo electrónico. 

Enviar un so arquivo

          Unha vez configurada a tarefa, os alumnos poden lee-lo enunciado e comezar a enviar os seus traballos. Para iso poden selecciona-lo arquivo do seu disco duro e subilo ó sistema a través dun formulario incluido na propia tarefa (ver imaxe seguinte)

Enviar Tarefa

         Facendo clic sobre a ligazón á tarefa na páxina principal do curso, o profesor pode acceder ás diferentes traballos enviados polos alumnos para proceder á súa descarga, revisión e avaliación. Terminado este proceso. pode engadir unha cualificación ó traballo e incluso incorporar un comentario de reforzo. É importante saber que o alumno será informado desta revisión a través do correo electrónico.

Na imaxe da dereita podemos ver unha porción da pantalla á que accede o profesor facendo clic no nome dunha tarefa e na que se atopa a ligazón que da acceso á grella de avaliación.

Revisar tarefas

 

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16