Importar preguntas de HotPotatoes

Importar preguntas de HotPotatoes

            Moodle permite importar preguntas desde diversos formatos (GIFT, Aiken, Palabra perdida, AON, Blackboard, WebCT, etc) entre os que está o propio de HotPotatoes, a coñecida suite de producción de actividades para navegadores de internet.

          Por suposto que podemos incrustar actividades de HotPotatoes en Moodle, únicamente teríamos que subi-lo arquivo html xerado ó publica-la actividade xeradá con HotPotatoes ata o sistema de arquivos do curso e utiliza-la ferramenta 'Ligar arquivo ou Web' do menú 'Engadir contido' de calquera dos módulos ou a través dunha ligazón dentro dunha páxina web (por exemplo: este encrucillado). Mais a importación ten avantaxes engadidas, como o feito de que actividade incorpórase a Moodle de xeito que o sistema de puntuación establecido por HotPotatoes é asumido e incorporado ó sistema de calificacións do curso unha vez que as preguntas son incorporadas a un cuestionario.

          Para importar preguntas desde HotPotatoes hai que segue-los seguintes pasos:

1. Abri-lo xestor de preguntas facendo clic na ligazón [Preguntas] do bloque 'Administración'.

2. Facer clic en [Importar preguntas desde un arquivo]

Importar preguntas desde un arquivo

3. Establece-los parámetros do proceso de importación. Neste caso:

  • Formato de arquivo: [Formato de Hot Potatoes]
  • Emparellar cualificacións: [Cualificación máis próxima se non está na lista].
  • Selecciona-lo arquivo a enviar. É importante sinalar que se trata do arquivo de datos de Hot Potatoes (extensións jcl, jmt, jmx, etc.) e non do arquivo HTML xerado ó publica-la actividade.
  • Facer clic en [Enviar este arquivo].

Parámetros para importar desde Hotpotatoes

          Os sistemas de coficación configurados nas distintas aplicacións poden non coincidir e como consecuencia, logo do proceso de importación, obsérvanse erros de tipografía (común nos casos de vogais con tile e palabras con eñe). Moitas veces o máis doado é arranxalo editando a pregunta xa importada en Moodle. Isto é posible facendo clic na icona Actualizar situada á esquerda do nome da pregunta.

          Entre os documentos de traballo do curso aparecen dous arquivos formato HotPotatoes cos que podes facer unha práctica. Se decides facelo segue os seguintes pasos indicados máis arriba logo de descargar os arquivos para a práctica ó teu ordenador. A descarga faise facendo clic en cada un dos seguintes nomes co botón dereito do rato e escollendo "gardar destino como..." (sinonimos.jmt / deriva.jcl).

 

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16