Entende-los cuestionarios

Entende-los cuestionarios

          Os cuestionarios de Moodle teñen dous compeñentes principais, o corpo do mesmo coas diferentes opocións, e a batería de preguntas ás que os alumnos terán que responder. Temos que contempla-los cuestionarios como contedores de varios tipos de preguntas extraídas da batería de preguntas e colocadas con certo orde.

          O corpo do cuestionario será o primeiro que os alumnos vexan cando entren na actividade e tamén define cómo os estudantes interactúan co propio cuestionario.

          As preguntas do cuestionario pódense elixir manualmente ou de xeito aleatorio, e pódense amosar ó alumno nunha orde establecida ou ó chou. O profesor pode crear baterías de preguntas organizadas por capítulos, semáns, semestres, conceptos importantes, etc. As baterías poden ser reutilizadas en múltiples cuestionarios, compartidas entre distintas clases ou exportadas a outros sistemas.

          Neste módulo imos ver a forma de administra-las preguntas, o modo de editar diferentes tipos de preguntas, e por último o xeito de crear cuestionarios.

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16