Enviar fotos - Engadir fotos por FTP

Enviar fotos - Engadir fotos por FTP

Enviar foto

Mediante esta opción poderemos subir fotos aos álbums.
Abrirásenos a opcións de examinar para buscar no noso ordenador as imaxes a subir (de 5 en 5), anque esta opción poderíase cambiar.

Tamén se poden indicar imaxes mediante URL.

As imaxes teñen a limitación de 1024 KB e o tamaño máximo de 800x800.

Xa indicamos anteriormente que a aplicación estaba configurada para redimensionar imaxes que excedesen o tamaño de 800 en ancho ou alto. Imaxes de maior tamaño amais de pesadas serían desprporcionadas para ver nunha pantalla dun ordenador.

Evidentemente son opcións configurables.

Engadir foto por FTP

Poderiamos engadir fotos mediante protocolo FTP se creamos unha carpeta con ditas fotos e as metemos dentro da carpeta albums da galería.

Unha vez no espazo web, premeriamos no botón de Engadir fotos e poderiamos ir elixindo na carpeta que subimos ao espazo web as imaxes desexadas e asignarlles o álbum correspondente.

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16